Mousse de chocolate / Chocolate mousse

Mousse de chocolate

image

E outra lambetada sen azucre! Se vos gusta o chocolate tanto como a min, de seguro que prepararedes esta receita unha e outra vez! Un intenso sabor a chocolate puro, suave, cremoso e lixeiro! E ademáis, sen azucre e sen gluten! E dixen xa que é saborosísima? 😉 Imos ver como se prepara!

Ingredientes:

image

– 200 gramos de chocolate sen azucre
– 100 gramos de manteiga
– 30 ml café
– 4 ovos
– 1 chisco de sal

Preparación paso a paso:

1. Botamos o chocolate partido en anacos xunto coa manteiga e o café nunha cunca que poñeremos ao baño maría. Deixaremos que se vaia derretendo todo ata que estea ben integrado.

image

2. Cando xa estea listo, deixarémolo arrefriar durante uns 10 minutos.

image

3. Separamos as claras das xemas e batemos as claras cun chisco de sal ata que estean a punto de neve.

4. Pasados os 10 minutos, batemos as xemas e mesturámolas co chocolate.

image

5. Engadimos as claras, integrándoas ben coa axuda dunha culler.

image

6. Repartímolas nos moldes onde vaiamos presentar a mousse (eu empreguei uns botiños de cristal duns iogures e uns vasos de vidro) e metémolos no frigorífico durante, como mínimo, dúas horas.

image

image

image

Ao cabo de dúas horas, teremos unha mousse cremosa e saborosa! Preparádevos para lamber e relamber a culleriña porque está boísima! 😛

image

______________________________________________________

Chocolate Mousse

image

And another sugar free recipe! If you love chocolate as much as I do, you’ll prepare this recipe again and again! A pure, intense, creamy and smooth chocolate flavour! And both sugar and gluten free! And…did I say it’s incredibly tasty? 😉 Let’s see how to do it!

Ingredients:

image

– 200 gr sugar free chocolate
– 100 gr butter
– 30 ml coffee
– 4 eggs
– 1 pinch of salt

Step by step preparation:

1. Chop the chocolate and put it inside a cup together with the butter and the coffee. Boil some water in a pot and put the cup inside it until the whole mixture is melted and well integrated.

image

2. When all melted, let it cool for 10 minutes.

image

3. Separate the egg yolks from the whites and beat the whites with a pinch of salt until it forms stiff peaks.

4. Beat the yolks and add it to the chocolate mixture.

image

5. Add the whites and mix them with a spoon.

image

6. Pour the mousse over the moulds (I used 2 yoghurt crystal cups and 2 glasses) and put it in the fridge for at least two hours.

image

image

image

And after two hours…you’ll have a creamy and delicious chocolate mousse! Get ready to enjoy this chocolatey piece of heaven! 😛

image

3 thoughts on “Mousse de chocolate / Chocolate mousse

    1. Non probei, pero teño entendido que si! Ao mellor ten que estar máis tempo no frigorífico, para que asente mellor, pero funcionará igualmente! Hei probar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *