Pudin de orellas de Entroido / Carnival orellas pudding

Pudin de orellas de Entroido

image

Non soe ser normal que sobren orellas, peeero, ás veces, poñémonos mans á masa e saennos un montón! Pois nada de tirar orellas ao lixo! Iso si que non pode ser! Unha maneira de conservalas é conxelalas, metémolas no conxelador e o día que as queiramos comer, sacámolas un chisco antes e deixámolas desconxelar, e estanvos ben boas. E se queredes reconvertir as orellas noutra larpeirada, podedes facer este delicioso pudin! Se as orellas están boas, isto está…mmm, saborosísimo!!! Imos aló!

Ingredientes:

– 200 gramos de orellas picadiñas
– 400 ml de leite
– 2 mondas de laranxa
– 4 culleradas de azucre
– 4 ovos

Para o caramelo:

– 300 gramos de azucre
– 3 culleradiñas de auga

Preparación paso a paso:

1. Partiremos as orellas en anacos pequenos, ou nunha picadora para que quede máis finiño.

O pudin farémolo ao baño maría no forno. Así que antes de comezar a facer o pudin, botaremos auga na bandexa no forno, que cubra máis ou menos a metade, e poñemos o forno a 200°C para que ferva a auga.

2. Quentaremos o leite xunto coas mondas de laranxa e as culleradas de azucre.

image

3. Cando xa estea o leite ben quente, retiramos as mondas de laranxa e engadimos as orellas deixando que se abranden ben no leite.

image

4. Mentres deixamos que repouse, faremos o caramelo. Nun cazo, botamos o azucre e a auga e iremos remexendo de cando en cando ata que teña unha cor dourada. En canto estea listo, retirarémolo do lume para que non se queime o caramelo.

image

5. Botamos o caramelo no molde onde faremos o pudin. (O caramelo poñerase duro, pero non vos preocupedes, despois no forno, volverá poñerse líquido).

image

6. Batemos os 4 ovos e mesturámolo co leite e as orellas. Remexemos ben ata que estea todo ben integrado. E botámolo enriba do caramelo.

image

image

7. Poñemos o molde enriba da bandexa e deixaremos que se faga ao baño maría a 180°C durante uns 50 minutos ou ata que o ovo estea totalmente callado. Sacámolo do forno e deixámolo arrefriar.

image

8. Cando o vaiamos desmoldar, pasaremos un coitelo polo arredor do molde para despegar o pudin do molde. Remexerémolo un chisco ata que vexamos que se move ben. Collemos un prato ou bandexa e dámoslle a volta.

image

O pudin sabe mellor se repousa durante unhas horiñas, ou incluso ao día seguinte, xa que os ingredientes estarán máis integrados. E listo! A papar!

Bo proveito! 😛

_______________________________________________________

Carnival orellas pudding

image

Carnival orellas is one of the many typical Galician carnival desserts. They’re reeeally tasty, and it’s not usual that you have some extra orellas left. But sometimes, as we love preparing them, we make lots of them! A good way of re-using orellas is preparing this delicious pudding, so let’s see how we can do them!

Ingredients:

– 200 gr finely chopped orellas
– 400 ml milk
– 2 orange peels
– 4 tablespoons sugar
– 4 eggs

For the caramel:

– 300 gr sugar
– 3 teaspoons water

Step by step preparation:

1. Chop the orellas, either with your hands or with a food processor.

We will make the pudding in the oven, so before preparing the pudding, we will fill the baking tray with water (more or less 1/2 of its capacity) and set the oven at 200°C until the water boils.

2. Heat the milk together with the orange peels and the sugar.

image

3. When milk is ready, take the peels out and add the orellas. Let them all together until the orellas are softer.

image

4. In a pan, add the sugar and the water to prepare the caramel. Stir from time to time until golden brown. Don’t let it burn or it will have a bad flavour.

image

5. Pour the caramel over the pudding mould. (The caramel will become hard in a bit, but don’t worry, it will become liquid again in the oven)

image

6. Beat the eggs and mix it with the milk and orellas. Mix well until integrated. And pour it over the caramel.

image

image

7. Put the mould over the baking tray filled with water and bake it at 180°C/350°F for around 50 minutes or until done. Take it out of the oven and let it cool.

image

8. Before inverting it, pass a knife all around the pudding and move it a bit to check the pudding is ready. Invert it over a dish or a tray.

image

Let it set for a couple of hours and the pudding will be even tastier. And thats’s it!

Enjoy it! 😛

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *