Madalenas fitness / Fitness muffins

Magdalenas fitness

image

Nun curso de nutrición que fixen hai pouco ensinábannos a facer estas magdalenas saudables. Non levan manteiga e a cantidade de azucre é moito menor do que soe ser o habitual. E o sabor? Pois estanvos ben boas! Así que se vos gustan as larpeiradas saudables, apuntade esta! Repetiredes seguro! 😉 Imos aló! Continue reading “Madalenas fitness / Fitness muffins”

Brochetas de polo / Chicken brochettes

Brochetas de polo

image

Unha receita saudable, sinxela, rápida e que campa moi ben! Non precisa de moitos ingredientes e o sabor é delicioso. Sendo esta a primeira vez que as preparo, repito seguro! Imos ver como se fan 😉 Continue reading “Brochetas de polo / Chicken brochettes”

Torta de queixo ao forno / Baked cheesecake

Torta de queixo ao forno

image

Rebuscando nas receitas que andan pola casa, desas que che dá alguén nun pequeno anaco de papel, atopei esta receita de torta de queixo ao forno. Non sabía moi ben como sairía, aínda que polos ingredientes podía intuir que ía estar de medo! E así foi!!! Ademáis, é unha das tortas de queixo máis sinxela de facer! Xa veredes! Imos aló! Continue reading “Torta de queixo ao forno / Baked cheesecake”

Lasaña de polo, cabaciño e queixo de Arzúa / Chicken, zucchini and Arzúa cheese lasagna

Lasaña de polo, cabaciño e queixo de Arzúa

image

Unha receita saborosa, sinxela e rápida de facer! Perfecta para repoñer forzas despois de tanta larpeirada! 😉 Desta vez, para facer a lasaña, empreguei unha pasta especial de lasaña con sabor a tomate, e resultou estar moi boa! (Merqueina nun hiper ben coñecido no que andaban a celebrar algo así como a semana dos produtos europeos.) Ademáis, o cabaciño dalle un toque moi suave e fresco. Imos ver como se prepara! Continue reading “Lasaña de polo, cabaciño e queixo de Arzúa / Chicken, zucchini and Arzúa cheese lasagna”

Cupcakes de Guinness con crema de Bailey’s / Guinness cupcakes with Bailey’s buttercream

Cupcakes de Guinness con crema de Bailey’s

image

Unha receita con ingredientes irlandeses para celebrar este día de San Patricio! Despois de facer a Torta de Guinness, tocaba facer outra receita irlandesa. Desta vez, engadindo tamén a saborosa crema Baileys! Se vos gusta esta crema e a cervexa Guinness, estes cupcakes encantaranvos, porque están deliciosos… (Prometo facer versión galega proximamente… ;)) Imos ver como se fan! Continue reading “Cupcakes de Guinness con crema de Bailey’s / Guinness cupcakes with Bailey’s buttercream”

Mousse de chocolate / Chocolate mousse

Mousse de chocolate

image

E outra lambetada sen azucre! Se vos gusta o chocolate tanto como a min, de seguro que prepararedes esta receita unha e outra vez! Un intenso sabor a chocolate puro, suave, cremoso e lixeiro! E ademáis, sen azucre e sen gluten! E dixen xa que é saborosísima? 😉 Imos ver como se prepara! Continue reading “Mousse de chocolate / Chocolate mousse”