Patacas recheas de chourizo e San Simón / Chorizo and San Simon baked potatoes

Patacas recheas de chourizo e San Simón

image

Ter un queixo San Simón pola casa é un perigo! Está boísimo, e ademáis queda ben con case calquera prato! E se o xuntamos con chourizos e patacas…mmm…saborosísimo! Esta é unha receita sinxela, leva un chisco de tempo preparala, pero paga a pena! Ademáis, unha vez que lle collamos o punto ás patacas, poderemos rechealas do que máis vos guste. Imos ver como se prepara.

Tempo de preparación: 20 minutos
Tempo no forno: sobre 1 hora
Tempo de gratinado: uns 4 minutos

Ingredientes:

– 4 patacas medianas
– aceite de oliva
– sal
– 2 chourizos
– 1/2 cebola
– queixo San Simón da Costa relado

Preparación paso a paso:

1. Lavamos ben as patacas, embadurnámolas ben de aceite e botámoslle sal. (Eu empreguei sal gordo, pero podedes empregar sal fino)

image

2. Metémolas no forno a 250°C durante unha hora aproximadamente. Para saber se están, cravaremos un escarvadentes no centro. Costaranos un chisco cravalo porque a pel da pataca comezará a poñerse duriña, pero despois, se a pataca xa está a punto, entrará con moita facilidade.

image

3. Mentres, fritiremos a media cebola e, cando xa estea transparente, engadimos os chourizos cortados en anaquiños. Fritiremos todo xunto ata que estea todo ben pasado. E relaremos o San Simón.

image

image

4. Sacamos as patacas do forno, cortámolas ao medio, aínda quentes, e sacudimos o exceso de sal. Cunha culleriña, iremos sacando o medio das patacas, botarémoslke un chisco de sal e reservarémolo nunha cunca.

image

5. Colocamos as cuncas de pataca nunha bandexa para forno. Por outro lado, mesturamos a pataca cos chourizos e a 1/2 cebola. (Se ten moito aceite, podemos escorrelo un chisco, pero sen pasarse, para que non quede moi seco o recheo)

image

6. Recheamos as patacas e botámoslle o San Simón relado por riba.

image

image

7. Metemos no forno e gratinamos as patacas ata que o queixo estea douradiño.

image

Bo proveito! 😉

Se vos atrevedes con estas pataquiñas recheas, podedes enviar unha foto a kukinhasblogue@gmail.com

___________________________________________________________

Chorizo and San Simon baked potatoes

image

I love San Simon cheese, it’s so delicious that it will make every dish special! And if you put it together with potatoes and chorizos…mmm…even more delicious! This is a very simple recipe, though you may need some time to prepare it! Once you know how to prepare it, you can stuff the potatoes with your favourite ingredients. Let’s see how to prepare it.

Preparation time: 20 minutes
Baking time: c. 1 hour
Baking (gratin) time: around 4 minutes

Ingredients:

– 4 medium potatoes
– olive oil
– salt
– 2 chorizos
– 1/2 onion
– grated San Simon da Costa cheese

Step by step preparation:

1. Wash the potatoes, rub olive oil all around the potato skins and add salt. (Either cooking or table salt)

image

2. Bake for 1 hour at 250°C/475°F. Insert a toothpick in the middle of the potato, if the skin is crunchy and the middle is soft, the potato is ready.

image

3. While the potatoes are baking, fry the 1/2 onion until glassy-looking; then, add the chorizos. Fry until ready. Grate the San Simon cheese.

image

image

4. Take the potatoes out of the oven, cut them in halves and clean the extra salt from the skin. With a teaspoon, scoop out the flesh, put it in a bowl and add a pinch of salt.

image

5. Set the potato skins on a baking tray. On the other hand, mix the potato flesh with the onion and the chorizo. (You can take the extra oil out, but leave a bit to prevent the smash potatoes from being too dry)

image

6. Stuff the potato skins with this mixture and top them with the San Simon cheese.

image

image

7. Bake au gratin until the top is golden brown.

image

Bo proveito! / Enjoy it! 😉

If you prepare this tasty recipe, you can send your pictures to kukinhasblogue@gmail.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *