Espagueti de arroz con verduriñas / Rice noodles with vegetables

Espagueti de arroz con verduriñas

image

Unha receita saudable, rápida e sinxela. E, como non, saborosísima! Apta para vexetarianxs, veganxs, para larpeirxs das verduriñas en xeral e para aquelas persoas ás que lles guste preparar pratos saudables! Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 1 cenoria
– 1/2 cebola
– 1/2 cabaciño
– 3 culleradas de millo doce
– 1/4 de coliflor pequena
– sal
– aceite de oliva
– salsa de soia (opcional)
– 100 gramos de espagueti de arroz

Preparación paso a paso:

1. Fritimos as verduriñas cunha cullerada de aceite de oliva a lume lixeiramente alto. As verduriñas deberán quedar fritidas, pero algo duriñas. Engadirémoslle sal ao gusto, ou unha cullerada ou dúas de salsa de soia.

2. Prepararemos os espagueti de arroz segundo indique o envase. Normalmente, este tipo de espagueti non precisa moito tempo de preparación, e bastará con introducilos en auga quente durante uns minutiños.

3. Unha vez estean cocidos, mesturaremos os espagueti coas verduriñas e fritiremos todo para que estean quentiños. E listo!

Se preparades este prato, podedes enviar as vosas preciosas fotos a kukinhasblogue@gmail.com

___________________________________________________

Rice noodles with veggies

image

A healthy, quick and easy recipe. And, as usual, incredibly tasty! Perfect for vegetarians, vegans, veggies lovers and for those who love preparing healthy dishes. Let’s go!

Ingredients for 2:

– 1 carrot
– 1/2 onion
– 1/2 courgette/zucchini
– 3 tablespoons sweet corn
– 1/4 little cauliflower
– salt
– olive oil
– soy sauce (optional)
– 100 gr rice noodles

Step by step preparation:

1. Fry all the veggies with a tablespoon of olive oil, at a medium-high temperature. Veggies must be fried but crunchy. Add salt or 2 tablespoons soy sauce.

2. Prepare the rice noodles as indicated in the package. Usually, this kind of rice needs less time, and most of the times you’ll only need to soak them in some warm water for a couple of minutes to have them ready.

3. Once ready, mix the noodles and the veggies and fry for a while, until hot. And that’s it!

If you prepare this recipe, you can send your amazing picture to kukinhasblogue@gmail.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *