Cuncas de chocolate con froitas / Chocolate fruit cups

Cuncas de chocolate con froitas

image

Non me digades que non ten boa pinta este prato! Pois cando vos diga o sinxelo que é de facer…seguro que vos poñedes a facelo de contado! Para facelo, precisamos…

Ingredientes:

– moldes de papel de magdalenas
– chocolate
– ananás
– amorodos

Preparación paso a paso:

1. Comezaremos por derreter o chocolate. Xa sabedes que a maneira máis rápida é derretelo no microondas en función de desconxelar.

2. Unha vez estea listo, botaremos unhas culleradiñas na base dos moldes de papel.

image

3. E coa culleriña, irémolo repartindo polas beiras do molde, como se ve na imaxe. É importante cubrilo ben todo de chocolate para que despois non nos rompa.

image

4. Deixámolo arrefriar na neveira ata que estea duro. Despois, iremos levantando o papel con moito tino para que non se nos rompa.

image

5. Agora que xa temos as cuncas feitas, só nos queda rechalas de froitas! Podemos facelo con ananás, amorodos, amorodos con nata…ou a vosa froita preferida!

6. Se vos sobra chocolate e tedes uns amorodos a man, podedes mollalos no chocolate. Están de vicio!

image

Pois xa vedes que sinxelo é, e o ben que queda…e o mellor que sabe! Así que agardo que vos animedes a facelas e me enviedes unha foto a kukinhasblogue@gmail.com

__________________________________________________

Chocolate fruit cups

image

Look at these delicious chocolate cups! They look good, right? So when you read the easy it is, you’ll prepare them right away! To make them, we need…

Ingredients:

– muffin paper cups
– chocolate
– pineapple
– strawberries

Step by step preparation:

1. Melt the chocolate. If you do it on the microwave in the defrost option is much quicker.

2. Once ready, pour some chocolate over the paper cups.

image

3. With a teaspoon, move it towards the edges of the paper cups, as in the picture. It’s important to cover it well to stop it from breaking.

image

4. Let them cool in the fridge until hard. Then, pull the paper out very carefully.

image

5. Now they’re ready, fill it with some fruits: pineapple, strawberry…or your favourite fruit!

6. If you have some extra chocolate, and some strawberries around, dip them in the chocolate! They’re extra yummy!

image

So you see how easy to prepare they are! And they’re absolutely delicious! So, wait no more and get ready! And send the pictures to kukinhasblogue@gmail.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *