Galletas do amor / Love cookies

Galletas do amor

image

Primeira receita do Día dos namorados! Si, xa sei o que me ides dicir, que é unha data comercial e consumista, e que o día dos namorados debía ser tódolos días do ano…e tedes razón! Pero por que non pasar unha tarde cociñando unhas galletiñas coa vosa parella? Ou aproveitar unha galleta para declaravos a alguén? Así que animádevos! E senón queredes facelas con forma de corazón, pódense facer como queirades! Imos aló!

Ingredientes para a masa:

image

– 180 gramos de manteiga
– 1 cullerada de vainilla
– 1 ovo
– 100 gramos de azucre branco
– 100 gramos de azucre moreno
– 300 gramos de fariña
– 1/2 culleradiña de fermento
– 1 chisco de sal

Preparación paso a paso:

1. Batemos a manteiga, os azucres e maila vainilla, ata que estea todo ben mesturadiño.

image

2. Engadimos o ovo e batemos de novo.

image

3. Iremos engadindo a fariña, o sal e o fermento pouco a pouco, ata que teñamos unha masa que non sexa pegañenta.

image

4. Enfariñamos a superficie onde amasaremos e coa axudar dun rolo de amasar ou unha botella, estiramos a masa ata que teña uns 5 mm de grosor.

image

5. Cuns cortapastas ou cun coitelo, toca poñerse a facer formas! Como non tiña cortapastas con forma de corazón, fixen uns caseiros cortando unha tira de cartón e dándolle forma de corazón.

image

6. Poñeremos as galletas na bandexa do forno cun papel vexetal. E deixarémolas facerse a 170° ata que as beiras da galleta comencen a poñerse douradiñas. (Uns 10 minutos, dependendo do tamaño e do grosor).

image

7. Deixaremos que arrefríen na grella do forno, e listo! Agora só queda decoralas.

image

Ingredientes para o glaseado:

– 1 clara de ovo
– 1 culleradiña de zume de limón (ou outra esencia que vos guste)
– 180 gramos de azucre en po
– colorante alimentario

Preparación paso a paso:

1. Batemos a clara e o zume de limón. E despois iremos engadindo o azucre en po.

Como saber que xa está listo o glaseado?

Para saber cando está o glaseado para delinear, abonda con coller un pouco de glaseado cunha culler e levantalo, se a culler non pinga, e o glaseado non cae, é que está listo.

image

2. Podemos engadir colorantes alimentarios para tinguir o glaseado.

image

3. Nunha bolsiña de prástico, botamos o glaseado e cortámoslle a puntiña. (Tamén se pode facer cunha manga pasteleira, por suposto!) E dispoñémonos facer o delineado.

image

Para facelo, o truco é non arrastrar o glaseado. Apoiamos ao principio para comezar, e despois levantaremos a punta para que o glaseado vaia no aire. Así, quedará máis rectiño.

image

4. Para facer o glaseado de recheo, botaremos un chisquiño de auga sobre o glaseado. Estará listo cando ao botar un chisco enriba do outro, este se fusione e quede integrado de novo. (En menos de 5 segundos)

image

Botaremos un pouco cunha culleradiña e irémolomesparexendo coa axuda dun escarvadentes.

image

image

E así iremos facendo con tódalas galletas!

E agora queda o mellor, comelas!!! Ñaaaaaam! 😛

image

__________________________________________________

Love cookies

image

First St. Valentine’s Day recipe!!! The perfect recipe to spend some time with your loved one! Or maybe as a present to someone special! So, get ready to prepare these delicious cookies! Let’s go!

Ingredients for the dough:

image

– 180 gr butter
– 1 tablespoon vanilla
– 1 egg
– 100 gr plain sugar
– 100 gr brown sugar
– 300 gr flour
– 1/2 teaspoon baking powder
– 1 pinch salt

Step by step preparation:

1. Beat butter, sugar and vanilla.

image

2. Add egg and beat until creamy.

image

3. Add baking powder, salt and flour bit by bit until you get a non-sticky dough.

image

4. Pour some flour over a surface, and then roll the dough with a rolling pin until it is 5 mm thick.

image

5. With some cookie cutters or a knife, cut the dough. As I didn’t have any which was heart shape, I made these ones with cardboard.

image

6. Put the cookies over a baking sheet and bake it for around 10 minutes at 170°C/ 350°F or until the cookies edges become golden brown.

image

7. Let them cool over a wire rack and… Time to decorate!

image

Ingredients icing sugar:

– 1 egg white
– 1 teaspoon lemon juice (or any other essence you like)
– 180 gr powdered sugar
– food colouring

Step by step preparation:

1. Beat the egg white and the lemon juice, and add the sugar bit by bit.

The icing sugar will be ready when we can take it with the spoon and it does not fall.

image

2. We can dye it with food colourings.

image

3. With a plastic bag or a piping bag, add some icing and cut the tip.

image

Tip: try to keep the tip of the piping bag or plastic bag a little bit far from the cookie. Thus, the lines will end up perfect.

image

4. To prepare the icing we will use to cover the inside of the cookie, add some water. It will be ready when pouring some icing over the rest, it quickly melt (less than 5 seconds).

image

Pour some icing over the cookie and spread it using a toothpick.

image

image

Repeat this operation with all the cookies!

And now…the best part! Eat them! Yummy! 😛

image

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *