Boliñas de botelo e San Simón / Botelo and San Simon croquettes

Boliñas de botelo e San Simón

image

Desta vez, unha receita de Entroido salgada, que de larpeiradas xa imos ben servidos coas filloas e a Bica! 🙂 Para todos aos que vos guste o botelo ou que devecedes polas croquetas de cocido, de seguro que estas vos encantan! Teñen un sabor intenso a botelo e suave a queixo San Simón…boísimas! Imos ver como se fan! Continue reading “Boliñas de botelo e San Simón / Botelo and San Simon croquettes”

Bica branca de Laza / Laza’s white Bica

Bica branca de Laza

image

Seguimos coas lambetadas de Entroido. A bica é un doce típico de varias zonas da Galiza, sendo as máis coñecidas, a de Laza, a de Trives e a de Castro Caldelas. Desta vez, faremos a Bica branca de Laza, por ser este un dos lugares máxicos do Entroido. Ademáis, a receita é moi sinxela de facer, e o resultado, encantaravos! Imos aló! Continue reading “Bica branca de Laza / Laza’s white Bica”

Patacas recheas de chourizo e San Simón / Chorizo and San Simon baked potatoes

Patacas recheas de chourizo e San Simón

image

Ter un queixo San Simón pola casa é un perigo! Está boísimo, e ademáis queda ben con case calquera prato! E se o xuntamos con chourizos e patacas…mmm…saborosísimo! Esta é unha receita sinxela, leva un chisco de tempo preparala, pero paga a pena! Ademáis, unha vez que lle collamos o punto ás patacas, poderemos rechealas do que máis vos guste. Imos ver como se prepara. Continue reading “Patacas recheas de chourizo e San Simón / Chorizo and San Simon baked potatoes”

Espagueti de arroz con verduriñas / Rice noodles with vegetables

Espagueti de arroz con verduriñas

image

Unha receita saudable, rápida e sinxela. E, como non, saborosísima! Apta para vexetarianxs, veganxs, para larpeirxs das verduriñas en xeral e para aquelas persoas ás que lles guste preparar pratos saudables! Imos aló! Continue reading “Espagueti de arroz con verduriñas / Rice noodles with vegetables”

Pizza cremosa de touciño e pan de sapo / Creamy bacon and mushrooms pizza

Pizza cremosa de touciño e pan de sapo*

image

*En galego, os cogomelos coñécense, popularmente, como pan de sapo. O que non sabía eu é que tamén se lle chamaban pan de raposo ou pan de cobra. Coñecedes vós algún nome máis?

Despois do éxito da primeira receita de pizza, aqui vai esta outra. Desta vez, unha receita de pizza cremosiña que está para relamber os dedos! Se vos gustan as pizzas carbonara, esta encantaravos. E, coma sempre, super sinxela. Continue reading “Pizza cremosa de touciño e pan de sapo / Creamy bacon and mushrooms pizza”

Leite fritido con prebe de amorodos / “Fried milk” with strawberry coulis

Leite fritido con prebe de amorodos

Leite fritido

Desta vez, unha receita desas que a todos (ou case) nos encanta! Desas receitas que nos recordan ás nosas nais, pais, tías, tíos, e avós ou avoas, porque se levan facendo toooda a vida. E por que non coller o relevo? 🙂 E se empregamos unha fariña sen gluten, tamén apta para celícaos. Así que, imos aló! Continue reading “Leite fritido con prebe de amorodos / “Fried milk” with strawberry coulis”