Galets recheos / Stuffed galets

Galets recheos

image

Despois de probar os galets nunha sopa por Nadal, e comprobar o boísimos que están, pensei que estaría ben, aproveitando a súa forma de caracois xigantes, rechealos de carne e facer unha especie de canelóns que se poden comer dunha trabada! E así, esquecémonos de ter que andar cortando o canelón ou a lasaña, que ao final, sempre remata a carne por un lado e a pasta polo outro. Perfectos, va que si? Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 2 filetes de peituga de polo
– 100 gramos de galets ou pasta con forma de caracol
– prebe de tomate caseiro
– un chisco de ourego e sal
– bechamel
– queixo relado

Preparación paso a paso:

1. Picamos as peitugas e fritímolas cun chisco de sal e ourego. Cando xa estean a punto, engadimos o prebe de tomate e reservamos.

2. Cocemos os galets ou caracois durante a metade de tempo que nos indique o envase. Neste caso, poñía 12 minutos, entón deixámolos cocer durante 6 minutos para que aínda estean duriños e sexan sinxelos de rechear. Ademáis, como despois irán ao forno, xa se acabarán de facer.

3. Cunha culleriña de té, iremos recheando os galets e colocándoos nunha bandexa para forno enriba dun chisco de prebe de tomate.

image

4. Despois só nos queda facer a bechamel, tapalos ben e cubrir co queixo relado. Metémolos no forno e deixámolos facer ata que fervan e o queixo estea douradiño. E listo!

Xa vedes que é unha receita super sinxela, e ademáis de estar ben saborosos, non precisaredes máis que un garfo! 🙂

___________________________________________

Stuffed galets

image

After trying this snail-shaped pasta in a soup, I came up with the idea of trying them stuffed with chicken, as if they were lasagna or cannelloni. Thus, we forget about having to cut the cannelloni and ending up having the meat on one side and the pasta on the other, and never eating all together. Perfect, right? Let’s go!

Ingredients for 2:

– 2 chicken breasts
– 100 gr snail-shaped pasta or galets
– home-made tomato sauce
– a pinch of salt and oregano
– bechamel or white sauce
– grated cheese

Step by step preparation:

1. Process the chicken in a food processor, fry them and add some salt and oregano. When ready, add the sauce, mix well and keep for later.

2. Boil the pasta half the time indicated in the package. In this case, it was 12 minutes, so I boiled it for 6. Thus, they will be hard and easier to stuff. Then, in the oven, they will become soft and ready.

3. With a little teaspoon, stuff the galets and put them in a baking mould with some tomato sauce all over the surface.

image

4. Prepare the bechamel, pour it over the stuffed galets and add some grated cheese. Bake it until the cheese is golden brown. And that’s it!

As you can see, this is a veeery easy recipe, and they’re delicious! Try them and you’ll repeat!

6 thoughts on “Galets recheos / Stuffed galets

  1. Galets, galets… na miña casa son tiburóns de toda a vida, jaja. Eso sí, telen unha pinta… ñam, ñam. Ferincho leva toda a tarde dicindo que quere comer iso… Xa llos fas ti o sábado? 😉 E que me traia un tupper na maleta!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *