Salteado de garavanzos e espinacas / Sautéed chickpeas and spinach

Salteado de garavanzos e espinacas

Garavanzos e espinacas

Para aqueles aos que lles gusten os garavanzos pero lles dea preguiza poñerse a facer un guiso, aquí vai esta receita! A combinación pode sonarvos un tanto estrana, pero o resultado é excelente, así que non dubidedes en facelo. Imos aló!

Ingredientes para 2:

– 600 gramos de espinacas
– 100 gramos de garavanzos
– 1/2 cebola
– 2 chalotas
– pementón doce

Preparación paso a paso:

1. Cocemos as espinacas e or garavanzos (por separado, por suposto!)(Non esquezades poñer os garavanzos a remollo a noite anterior)

2. Fritimos a cebola e mailas chalotas.

3. Engadimos as espinacas e os garavanzos e mesturamos todo ben, deixando que se fritan un pouco os ingredientes.

4. Engadimos un pouco de pementón doce mesturado con aceite de oliva e listo!

Bo proveito!!!

________________________________________________________


Sautéed chickpeas and spinach

Garavanzos e espinacas

This recipe is for those of you who like chickpeas but are a little bit lazy to prepare a whole stew. Easy, quick and although the combination may sound strange, delicious!

Ingredients for 2:

– 600 gr spinach
– 100 gr chickpeas
– 1/2 onion
– 2 shallots
– sweet paprika

Step by step preparation:

1. Boil the spinach for about 10 minutes and boil the chickpeas until done. (Don’t forget to leave the chickpeas to soak for a night)

2. Fry the onion and the shallots.

3. Add the spinach and chickpeas and fry for a while, mixing all the ingredients.

4. Add some sweet paprika mixed with olive oil and that’s it!

Enjoy it!

2 thoughts on “Salteado de garavanzos e espinacas / Sautéed chickpeas and spinach

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *