Pan e bolos preñados caseiros / Home-made bread and chorizo rolls

Pan de chalotas e Gruyère e boliños preñados caseiros

Pan e bolo preñado

Pois aqui andamos de novo experimentando coa amasadora! Isto é un vicio! 😉 Xa dende hai tempo tiña gana de facer pan, e despois de mirar milleiros e milleiros de receitas, ocorreseume facer este pan algo distinto. Non tiña gana de agardar a que fermentase a masa, así que se buscades unha receita de pan rápido, con poucos ingredientes e con moi bo sabor, esta é a receita perfecta. Imos aló!

Ingredientes:

Photo 18-01-14 18 48 30

– 15 gramos de bicarbonato sódico (para que medre a masa)
– 450 gramos de fariña
– 150 gramos de queixo Gruyère relado
– 4 ou 5 chalotas
– 1 cullerada de aceite de oliva (para fritir as chalotas)
– 2 iogures naturais (un azucarado e outro sen azucre)
– 45 ml de auga
– 1 cullerada de sal (opcional)
– 1 chourizo galego

Preparación paso a paso:

1. Primeiro fritiremos as chalotas ata que estean transparentes.

2. Por outra banda, mesturaremos a fariña e mailo bicarbonato. E engadimos o queixo relado e as chalotas fritidas. (Se lle botades sal, non esquezades engadilo)

Photo 18-01-14 19 02 06

3. Engadimos os iogures e maila auga e amasamos ata ter unha masa que non estea pegañenta.

Photo 18-01-14 19 13 29

4. Aproveitando que temos a masa feita, sacamos dous anacos para facer os bolos preñados. Formamos dous mini círculos e botamos medio chourizo en cada un. Despois, dobramos as beiras dos círculos e pechamos o boliño. (Kukiconsello: procurade que a masa quede o máis fina posible).

Photo 18-01-14 19 16 27

5. Para facer o pan, podemos facer de dúas maneiras diferentes.
1) Para aqueles aos que lles guste a miga, formade un boliño duns 15 centímetros de diámetro. (Se o facedes así, podedes despois torralo, está boísimo!)
2) Para aqueles aos que lles guste máis a codia, estirade a masa para que vos quede duns 25 centímetros de diámetro.

Podedes facerlle unhas marquiñas por riba co coitelo para o pan medre ben cara arriba.

Photo 18-01-14 19 17 38

6. Metémolo no forno a unha altura media-baixa co forno quente a unha temperatura de 200 graos. Deixarémolo facer a esta temperatura durante uns 20 minutos, tendo o calor no forno por arriba e por abaixo. Pasado este tempo, vendo que os boliños e o pan xa están lixeiramente torrados por riba, cambiaremos a temperatura a 160 graos con calor só por abaixo durante uns 10 minutos, para que rematen de facerse ben por dentro. E listo!

Photo 18-01-14 19 59 50

E xa sabedes, se facedes o pan ou os boliños preñados, enviade unha foto a kukinhasblogue@gmail.com e teredes un oco no Salón da Fama!

_________________________________________________

Home-made Gruyère and shallots bread and chorizo rolls

Pan e bolo preñado

Again experimenting with the kneading machine! This is addictive! 😉 I’ve been thinking about making home-made bread since long ago, but I never actually tried to. This is the first time I make bread, and I wanted to make it quick, delicious and with little ingredients. And so this recipe came out. Let’s go!

Ingredients:

Photo 18-01-14 18 48 30

– 15 gr baking soda
– 450 gr flour
– 150 grated Gruyère cheese
– 4 or 5 shallots
– 1 tablespoon olice oil (to fry the shallots)
– 2 yoghurts (1 with sugar and 1 without it)
– 45 ml water
– 1 tablespoon salt (optional)
– 1 Galician chorizo

Step by step preparation:

1. Fry the shallots with the tablespoon olive oil until glassy-looking.

2. Mix the flour and the baking soda. Add the cheese and the fried shallots. (Add the salt)

Photo 18-01-14 19 02 06

3. Add the 2 yoghurts and the water and knead until non-sticky.

Photo 18-01-14 19 13 29

4. Now the dough is ready, take two little pieces to make the ‘bolos preñados’ (chorizo rolls). Form two little circles and add half chorizo. Then, fold the edges and form little balls. (Kukitip: try to let the dough as thin as possible).

Photo 18-01-14 19 16 27

5. To prepare the bread dough, you can do it in two different ways.
1) To those who love the crumb, form a 15 cm diameter dough ball. (You can toast it, it’s delicious!)
2) To those who like the crust, form a 25 cm diameter dough ball.

Make some marks with the knife to let the dough grow properly.

Photo 18-01-14 19 17 38

6. Put it in the oven pre-heated at a temperature of 200ºC/390ºF and bake it for around 20 minutes (heat both above and below) until the dough becomes golden brown at the top. Then, bake at 160ºC/320ºF for another 10 minutes (heat only below) and they’ll be ready! Time to eat!

Photo 18-01-14 19 59 50

If you make this bread or the chorizo rolls, send me a picture to kukinhasblogue@gmail.com and you’ll have a place in the Hall of Fame!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *