Torta de aniversario / Birthday Cake

Torta de aniversario

Tarta de cumple

Mira que teño comido tortas coma esta nos aniversarios na miña familia! Mesmo semella que se non hai esta torta…non hai aniversario! E non, non estou sendo nada esaxerada. Dende que eramos pequenos, a nosa nai, farta de mercar tortas que non nos gustaban, decidiu facer esta para nós! E dende aquel día, esta é seeempre a torta dos aniversarios. E como acaba de ser o meu aniversario, aproveitei para sacarlle fotos á torta e poñervos aqui a receita! É moi moi moi sinxela, e está…mmmm…riquííísima!!! Imos aló!

Ingredientes:

– flan (estilo Flanín) ou natillas
– cacao soluble (Paladín)
– azucre para o flan
– leite
– galletas (eu sempre uso das María de sempre, pero podedes variar segundo cales sexan as vosas preferidas)

Preparación paso a paso:

1. Preparamos o flan ou as natillas como estea indicado no envase. Se usades Flanín, serían dous sobres por 1 litro de leite. Tamén se pode facer caseiro, como non!

2. Preparamos o cacao nunha cunca de leite moi quente ata que quede bastante espeso, é dicir, que se levantamos a culler, tarde un chisco en caer.

3. Nun prato fondo, botamos leite para mollar as galletas. (Kukiconsello: se ides empregar un molde cadrado, seravos mellor mercar as galletas rectangulares, e se o molde é redondo, mercarémolas redondas.) Mollamos as galletas, simplemente volta e volta, sen deixalas moito no leite para que non se desfagan.

IMG_1703

4. E facemos unha capa coas galletas, rompendo anaquiños máis pequenos para tapar tódolos ocos.

IMG_1704

5. Botamos un pouco de flan e esparexémolo para facer unha capa non moi grosa, que abonde para tapar as galletas.

IMG_1705

6. Volvemos facer outra capa de galletas, procurando poñer as galletas de distinto xeito para que non nos queden ocos sempre no mesmo sitio e todo teña galleta.

image

7. E botamos unha capa de chocolate.

image

8. Continuaremos así, alternando o flan e o chocolate coas capas de galleta ata que enchamos o molde. E listo!

image

image

Podemos facer a última capa de flan ou de chocolate, como máis vos guste!

IMG_1710

E bo proveito! 🙂

Xa sabedes que se tedes calquera dúbida ou comentario, podédelo escribir aquí ou mandarme un mail a kukinhasblogue@gmail.com
E non vos esquezades de mandarme unha foto se facedes a torta!

______________________________________________

Birthday Cake

Tarta de cumple

I cannot even count how many of these cakes I’ve eaten in our family birthdays! But I can say it’s kind of a tradition at home. When my brother and I were kids, our mom, tired of buying cakes we did not even like, decided to prepare this cake! And from that moment onwards, this has been (and will be) our birthday cake. And as it was my birthday, I decided to take pictures and to show you how to prepare this easy, quick and delicious cake! Let’s go!

Ingredients:

– custard
– drinking cocoa powder
– sugar (if necessary to prepare the custard)
– milk
– Marie biscuits (or any other you may prefer)

Step by step preparation:

1. Prepare the custard as indicated in the package or you can prepare it home-made. Keep it for later.

2. Heat some milk in a cup and add cocoa powder until thick, whipping cream texture.

3. Put some milk in a plate and dip the biscuits, very quick for them to be hard. (Kukitip: if your mould is round, use round cookies, and if it’s square, use square ones.)

IMG_1703

4. Form a biscuits layer over the mould, breaking them into small pieces to cover all the base.

IMG_1704

5. Pour some custard over the cookies and spread it to cover the cookies.

IMG_1705

6. Form another cookie layer, trying to put them in a different way so we will find cookies all over the cake.

image

7. Now, pour some ‘chocolate’ and spread it.

image

8. Repeat these steps until you get to the top of the mould.

IMG_1710

If you have any doubt or comment, or a picture (I will love that!) please write a comment, or send an e-mail to kukinhasblogue@gmail.com

3 Comments

  1. Que pintaza ten! Na miña casa a Torta da Avoa tamén é un básico, mais no canto de mollar todas as bolachas en leite, intercalamos con capas molladas en viño doce, que lle dá un toque moi especial.
    Un bico!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.