Pizza caseira de queixo e rixóns / Home-made Galician pizza

Pizza caseira de queixo de Bama e rixóns

Pizza caseira

Os que me seguides nas redes sociais, saberedes que os Reis Magos me trouxeron esta maquiniña

Photo 06-01-14 11 24 03

Que ilusión! 🙂 Así que o primeiro que pensei foi en facer algunha receita para darlle uso, como non! E de aí xurdiu a idea de facer masa de pizza caseira.

Fíxena de maneira que se pode facer tanto coa máquina como a man, así que non vos preocupedes aqueles que non teñades este aparello, porque sairá igual de sabororosa coas mans na masa. Así que imos aló!

Ingredientes para a masa:

IMG_1680

– 60 gramos de aceite de oliva
– 450 gramos de fariña
– 20 gramos de fermento fresco
– 1 culleradiña rasa de azucre
– 1 culleradiña chea de sal
– 1 vaso (200 ml) de auga tépeda
– 1 culleradiña de té, de tomiño

Preparación da masa:

1. Nun bol, engadimos os ingredientes secos: fariña (400 gramos), azucre, sal e tomiño. Mesturamos ben. (En principio, engadiremos só 400 gramos de fariña)

IMG_1681

2. Desfacemos o fermento no vaso de auga quente e engadímolo.

IMG_1682

3. Amasamos ata que a fariña estea integrada e engadimos o aceite, amasando de novo.

IMG_1684

Se vemos que a masa aínda está pegañenta, engadimos os 50 gramos de fariña que nos quedaban.

4. Formamos un boliño.

IMG_1685

5. Agora temos que agardar a que a masa fermente. Para iso, meteremos o boliño nun bol envolto nun trapo (cun chisco de fariña para que non se pegue), para que non arrefrie. Para que o proceso sexa máis rápido, podemos quentar un pouco o forno e meter a masa dentro. Deberá fermentar durante unhas 2 horas.

IMG_1686

6. Ao cabo de dúas horas… xa teremos a masa preparada.

IMG_1688

7. Con estes ingredientes, a masa pesa uns 800 gramos. Colleremos a metade – 400 – e coa axuda dun rolo de amasar e dúas láminas de papel vexetal, estirarémola.

IMG_1689

8. Cando xa teñamos o tamaño e o grosor desexado, só nos queda engardille os ingredientes. (Se vos gusta a pizza cunha masa máis gordiña, deberedes coller máis masa.)

IMG_1690

Ingredientes para a pizza:

– tomate natural triturado
– 2 boliñas de mozzarella fresca
queixo de Bama
– rixóns
– pemento vermello
– cebola
– olivas negras

Preparación da pizza:

1. Esparexemos o tomate natural pola base da pizza.

IMG_1692

2. Iremos distribuindo anaquiños de mozzarella para que haxa máis ou menos por toda a base.

IMG_1693

3. Co queixo de Bama, como é tan cremosiño, faremos unhas pequenas boliñas e repartirémolas pola pizza. E tamén botaremos os rixóns.

IMG_1694

4. Engadimos as olivas, o pemento vermello cortado e a cebola.

IMG_1695

5. Metémola no forno a 200 graos durante uns 25 minutos ou ata que a base estea torradiña e listo!

IMG_1699

*Recén saidiña do forno 🙂

Se tedes algunha dúbida ou comentario, non dubidedes en comentar! Ah! E se alguén de vós a fai e lle saca unha foto, podédesma enviar a kukinhasblogue@gmail.com e colgareina no Salón da Fama!

___________________________________________________________

*Home-made Galician pizza

Pizza caseira

(* For those who read both the Galician and the English version will surely notice the difference between both titles, but if I had to describe the ingredients in the English version, I will come up with the longest post title ever! 🙂 So, I decided to put it this way and explain it later!)

If you follow me on Twitter or Facebook, you already know that my Xmas gift was this beautiful cooking machine

Photo 06-01-14 11 24 03

And as I want to use it right away, I thought about preparing this home-made pizza! It’s very easy to do and you’ll love the result. Let’s go!

Dough ingredients:

IMG_1680

– 60 gr olive oil
– 450 gr plain flour
– 20 gr fresh yeast
– 1 teaspoon sugar
– 1 teaspoon salt
– 1 cup (200 ml) tepid water
– 1/2 teaspoon thyme

Step by step preparation:

1. In a bowl, add the dry ingredients: flour, sugar, salt and thyme. Mix well. (We will start with 400 grams flour)

IMG_1681

2. Dissolve the fresh yeast in the cup of water and add it to the dry mixture.

IMG_1682

3. Knead until well combined, add the oil and kead again.

IMG_1684

If the dough is too sticky, add the other 50 grams of flour.

4. Form a ball of dough.

IMG_1685

5. Now we have to let it grow. Put it in a bowl with a cloth around it (add some flower). Heat the oven for a while at a low temperature and place the dough inside. Let it grow for about 2 hours.

IMG_1686

6. After two hours…the dough is ready!

IMG_1688

7. With these ingredients, the dough weighs around 800 grams. Take half of it – 400 – and with a rolling pin, start rolling the dough between two baking sheets.

IMG_1689

8. When you get the desired thickness, add the toppings.

IMG_1690

Pizza toppings:

– natural tomato sauce
– fresh mozzarella
Bama cheese (a Galician cheese)
– rixóns (pressed cracklings)
IMG_1702

 

 

 

 

– red pepper
– onion
– black olives

Pizza preparation:

1. Spread the tomato sauce over the pizza base.

IMG_1692

2. Add the mozzarella.

IMG_1693

3. As Bama cheese is so creamy, form little balls and place it all over the pizza. Add the pressed cracklings too.

IMG_1694

4. Add the olices, red pepper and onion.

IMG_1695

5. Put it in the oven for 25 minutes at 200ºC/400ºF or until the basis golden brown. And that’s it!

IMG_1699

*The way it looks as taken out of the oven 🙂

If you have any doubt or comment, please let me know! And if you prepare any of these recipes, and you take a picture, send it to me to kukinhasblogue@gmail.com and I will pin it on the Hall of Fame!

2 thoughts on “Pizza caseira de queixo e rixóns / Home-made Galician pizza

  1. Tardei un pouco en caer na conta de que era unha “culleradiña de te” de tomiño e non unha culleradiña de “te de tomiño” XD
    O caso é que agora mesmo me poño coa masa. Grazas pola receita!

    1. Terei que poñer unha comiña! XD Pois despois xa contarás que tal. E se me envias unha foto, poñereina no salón da fama! Moitísimas graciñas por comentar! 😉

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *