Pementos do piquillo recheos de atún / Piquillo peppers stuffed with tuna

Pementos do piquillo recheos de atún

Photo 02-01-14 23 10 56

Encántanme os pementos do piquillo! Tanto que se vou comer ou cear fora e os vexo na carta, xa é o primeiro que pido 🙂 Desta vez, fíxenos recheos de atún, pero recheos de bacalao tamén están boísimos. Estes saen moi económicos e moi sabedeiros, así que anímovos a que os fagades. Imos ver como se fan!

Ingredientes:

– pementos do piquillo (estes eran en conserva)
– dúas latas pequenas de atún
– dúas chalotas
– bechamel (aceite, fariña, leite e sal)

*Para uns 12 pementos

Preparación paso a paso:

1. Comezaremos por fritir un chisco o atún xunto coa chalota. E mentres, xa poderemos ir facendo a bechamel. Despois, mesturamos o atún cuns 3/4 da bechamel. (O restante utilizarémolo para facer unha salsiña)

Photo 02-01-14 22 51 02

2. Mesturamos ben. Quedaranos unha metura similar á das croquetas.

Photo 02-01-14 22 54 00

3. Cunha culleriña pequena, iremos recheando os pementos un a un e deixándoos nun prato.

Photo 02-01-14 23 03 01

4. Coa bechamel restante, e cun pementiño ou dous do piquillo que deixaremos sen rechear faremos unha salsa. Nunha cunca, botaremos un chisco de leite e bateremos o leite cos pementos. Cando os pementos estean ben desfeitiños, engadiremos esta mestura á bechamel anterior e quentarémola de novo para que nos quede máis clariña. Se vedes que aínda está espesa, podedes engadirlle máis leite.

Agora só nos queda botala por riba dos pementos e listo! A comer!

Photo 02-01-14 23 11 13

Se tedes algunha dúbida ou comentario, non dubidedes en comentar! Ah! E se alguén de vós a fai e lle saca unha foto, podédesma enviar a kukinhasblogue@gmail.com e colgareina no Salón da Fama!

__________________________________________________________

Piquillo peppers stuffed with tuna

Photo 02-01-14 23 10 56

I love piquillo peppers! Every time I go to a restaurant and I see them on the menu, I know exactly what I’ll order! Yes! These peppers! This time, I prepared them with tuna, but they’re absolutely delicious with cod too! This way, they’re cheaper and the flavour is…yummy! Let’s go!

Ingredients:

– piquillo peppers (these were tinned)
– 2 small tins tuna
– 2 shallots
– bechamel (oil, flour, milk and salt)

*Makes around 12 peppers

Step by step preparation:

1. Fry the tuna with the shallots. And prepare the bechamel. Then, mix the tuna and 3/4 of the bechamel. (The rest – 1/4- will be used to prepare the sauce).

Photo 02-01-14 22 51 02

2. Mix both mixtures well. The texture will be like that of the croquettes.

Photo 02-01-14 22 54 00

3. With a teaspoon, stuff the peppers one by one and put them on a plate or tray.

Photo 02-01-14 23 03 01

4. Then, with the rest of the bechamel, we will prepare a peppers sauce. With some milk, process the peppers until they’re totally mixed. Heat the bechamel and add the “peppers milk”, mix well until you have the perfect texture. If the bechamel is still too thick, add some more milk.

Pour the sauce over the peppers and that’s it! Ready to enjoy them!

Photo 02-01-14 23 11 13

If you have any doubt or comment, please let me know! And if you prepare any of these recipes, and you take a picture, send it to me to kukinhasblogue@gmail.com and I will pin it on the Hall of Fame!

2 thoughts on “Pementos do piquillo recheos de atún / Piquillo peppers stuffed with tuna

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *