Galets recheos / Stuffed galets

Galets recheos

image

Despois de probar os galets nunha sopa por Nadal, e comprobar o boísimos que están, pensei que estaría ben, aproveitando a súa forma de caracois xigantes, rechealos de carne e facer unha especie de canelóns que se poden comer dunha trabada! E así, esquecémonos de ter que andar cortando o canelón ou a lasaña, que ao final, sempre remata a carne por un lado e a pasta polo outro. Perfectos, va que si? Imos aló! Continue reading “Galets recheos / Stuffed galets”

Salteado de garavanzos e espinacas / Sautéed chickpeas and spinach

Salteado de garavanzos e espinacas

Garavanzos e espinacas

Para aqueles aos que lles gusten os garavanzos pero lles dea preguiza poñerse a facer un guiso, aquí vai esta receita! A combinación pode sonarvos un tanto estrana, pero o resultado é excelente, así que non dubidedes en facelo. Imos aló! Continue reading “Salteado de garavanzos e espinacas / Sautéed chickpeas and spinach”

Cupcakes de limón / Lemon cupcakes

Cupcakes de limón

image

Dende que me agasallaron co libro de postres da pastelaría Hummingbird Bakery, pasaba as páxinas día si día tamén para ver por cal ía comezar. A decisión xa vos digo que non era nada sinxela, porque me gustan todas, peeero…quen dixo que había que escoller unha soa? Así que nada, facemos unha e despois xa iremos facendo o resto, non si? 🙂 Continue reading “Cupcakes de limón / Lemon cupcakes”

Pan e bolos preñados caseiros / Home-made bread and chorizo rolls

Pan de chalotas e Gruyère e boliños preñados caseiros

Pan e bolo preñado

Pois aqui andamos de novo experimentando coa amasadora! Isto é un vicio! 😉 Xa dende hai tempo tiña gana de facer pan, e despois de mirar milleiros e milleiros de receitas, ocorreseume facer este pan algo distinto. Non tiña gana de agardar a que fermentase a masa, así que se buscades unha receita de pan rápido, con poucos ingredientes e con moi bo sabor, esta é a receita perfecta. Imos aló! Continue reading “Pan e bolos preñados caseiros / Home-made bread and chorizo rolls”

Torta de aniversario / Birthday Cake

Torta de aniversario

Tarta de cumple

Mira que teño comido tortas coma esta nos aniversarios na miña familia! Mesmo semella que se non hai esta torta…non hai aniversario! E non, non estou sendo nada esaxerada. Dende que eramos pequenos, a nosa nai, farta de mercar tortas que non nos gustaban, decidiu facer esta para nós! E dende aquel día, esta é seeempre a torta dos aniversarios. E como acaba de ser o meu aniversario, aproveitei para sacarlle fotos á torta e poñervos aqui a receita! É moi moi moi sinxela, e está…mmmm…riquííísima!!! Imos aló! Continue reading “Torta de aniversario / Birthday Cake”

Piruletas de queixo / Cheese pops

Piruletas de queixo

Piruletas de queixo

Un aperitivo rapidiño, sinxelo e suuuuper rico! Se sodes algo roedores e vos gusta o queixo tanto como a min, non agardedes máis! Comprade os ingredientes o poñédevos mans á masa!!! E se tedes pequechos pola casa, esta é unha receita perfecta para facer con eles! Imos aló! Continue reading “Piruletas de queixo / Cheese pops”