Mini pops de Nadal / Christmas mini pops

Mini pops de Nadal

mini pops

Xa vai quedando cada vez menos para o día de Nadal. E agora que xa andan os pícaros pola casa, temos a receita perfecta para pasar unha tarde larpeira e divertida! 😛 E tamén para os adultos, claro!!!

E cunha receita desas que a min tanto me gustan: sinxela, rápida e mmmm, saborosísima!!! Imos aló!

Ingredientes:

Photo 18-12-13 13 49 01

24 mini oreos
– 250 gramos de chocolate branco para postres
– azucre de cores (que faremos nós segundo esta receita)
– sticks para cake pops
– perlas para decorar (opcional)

Preparación paso a paso:

1. Nunha cunca ou un vaso, engadimos o chocolate en anacos e metémolo no microondas (en función de desconxelar para que non se nos queime) ata que estea derretido.

Photo 18-12-13 13 50 35

Photo 18-12-13 13 59 21

2. Mentres, iremos abriendo as Oreo mini.

Photo 18-12-13 13 58 22

3. Unha vez estean as Oreo abertas e o chocolate derretido, mollaremos os sticks no chocolate.

Photo 18-12-13 13 59 58

4. “Pegaremos” o stick sobre unha das metades da galleta.

Photo 18-12-13 14 01 07

5. E pecharemos a galleta coa outra metade. Faremos unha lixeira presión, procurando que non nos rompa. (Non vos preocupedes se vos rompe, porque o chocolate non deixará que as dúas partes se separen!)

Photo 18-12-13 14 10 41

6. Unha vez teñamos tódalas galletas pechadas, comprobaremos que nas primeiras xa “pegou” o chocolate. Así que xa podemos mollalas no chocolate. (kukiconsello: teremos que darlle uns lixeiros toques ao stick contra a cunca para que caia o chocolate sobrante).

Photo 18-12-13 14 03 55

Photo 18-12-13 14 18 13

7. Agora é cando toca decorar! Polo que iremos botando azucre de cores por riba do chocolate, decorando os mini pops como máis vos gusten. Tamén podedes usar boliñas de cores, chocolate, adornos de Nadal de azucre… o que se vos ocorra!

Se tedes a posibilidade de mercar un botiño de perlas para decorar, facédeo! Quedaranvos unhas pandeiretas ben riquiñas e sabedeiras!!! 🙂

Photo 19-12-13 15 05 50

8. Cravade os mini pops enriba dun anaco de plastilina e dexádeos secar. E listo!

Photo 18-12-13 15 22 38

Agora só queda meterlles o dente!

____________________________________

Christmas mini pops

mini pops

Christmas is coming! And kids are at home, so why don’t we cook something with them? This recipe is perfect and they will love it! (Of course, adults will love them too!)

And as usual, it is a quick, easy and delicious recipe! So, let’s go!

Ingredients:

– 24 mini oreos

– 250 gr white chocolate (special for desserts)

– sticks for cake pops

– coloured sugar (see recipe here)

– silver pearls (optional)

Step by step preparation:

1. In a cup or a bowl, add the chopped white chocolate and put it in the microwave (defrost option to prevent the chocolate from burning) until melted.

Photo 18-12-13 13 50 35

Photo 18-12-13 13 59 21

2. Meanwhile, open the mini oreos into two halves.

Photo 18-12-13 13 58 22

3. Once the Oreo are opened and the chocolate melted, dip the stick tips into the chocolate.

Photo 18-12-13 13 59 58

4. Now, put the stick over one of the halves.

Photo 18-12-13 14 01 07

5. And close the Oreo with the other half. Press lightly, trying not to break it. (Don’t worry if it breaks, you’ll be able to make the pop anyway because the chocolate will stick the two parts together!)

Photo 18-12-13 14 10 41

6. Once the Oreos are ready, the first ones will be probably ready. So, it’s time to dip them in chocolate. (kukitip: shake a bit the stick against the cup to take the extra chocolate out). 

Photo 18-12-13 14 03 55

Photo 18-12-13 14 18 13

7. Time to decorate! Now we just have to sprinkle coloured sugar over the pops. You can also use chocolate, Christmas sugar decorations… or whatever you may think of!

If you have the possibility of buying some silver pearls (sprinkles), you can prepare this cute Galician tambourines! 🙂

Photo 19-12-13 15 05 50

8. Stick the mini pops on top of plasticine, or any hard surface for them to dry! And that’s it!

Photo 18-12-13 15 22 38

And now… the best part, eat them!!!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *