Espagueti con gambas ao curry / Curry shrimp spaghetti

Espagueti con gambas ao curry

image

Unha receitiña moi sinxela e rápida, como a min me gustan! Aproveitando que tiña curry pola casa, pensei en usalo para darlle un toque diferente a uns espaguetis con gambas. E que bo está!

Ingredientes:

– 100 gramos de espagueti
– 50 gramos de gambas
– 1 allo
– uns 50 ml de leite evaporado
– curry ao gusto

Preparación paso a paso:

1. Cocemos os espaguetis segundo indique o envase. Escorrémolos e deixámolos repousar.

2. Fritimos unhas gambiñas cun allo cortado en tiras. E cando estean case feitas, engadimos o leite evaporado e mailo curry.

3. Deixámolo ferver, e cando xa estea cremoso, engadimos os espaguetis e mesturamos todo ben. E listo!

_____________________________________________

Curry shrimp spaghetti

image

Another easy and quick recipe, my favourites! As I had some curry at home, I decided to use it to give a special touch to this shrimp spaghetti. And it’s very tasty! Let’s see how to prepare it!

Ingredients:

– 100 gr spaghetti
– 50 gr shrimp
– 1 garlic
– around 50 ml evaporated milk
– curry, at your choice

Step by step preparation:

1. Boil the spaghetti as indicated by the packet. Strain them and keep them for later.

2. Fry the shrimps together with a chopped garlic. When they’re almos done, add the evaporated milk and the curry.

3. Boil it until creamy and add the spaghetti. Mix it well and that’s it!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *