Torta de Guinness / Guinness Cake

Feliz día nacional da torta a todos!!!

image

Vale, en realidade é o día nacional da torta nos Estados Unidos, pero que mellor que coller as boas costumes, non? 😉

E para celebralo, propóñovos esta receita de torta de cervexa Guinness, que está para lamber os dedos!

A receita saqueina dun libro de receitas da pastelaría Hummingbird. Se algún de vós foi a Londres algunha vez, seguro que lle sona. Na miña primeira visita a Londres o ano pasado, deleiteime cun cupcake na Hummingbird Bakery que hai en Notting Hill, en Portobello Road. E que saboroso estaba! Así que se ides por alí algunha vez, aproveitade para ir ao mercado de Portobello, e de paso tomarlle un cupcake ou un anaco de torta nesta docería.

O libro de onde saquei esta receita chámase: “The Hummingbird Bakery Cake Days: Recipes to make every day special.” É un libro onde podemos atopar receitas para as datas especiais que hai ao longo do ano, como Nadal ou Halloween. Esta receita é para celebrar o día de San Patricio. Pero como era o día da torta, adiantámonos un chisco! 🙂

E que precisamos?

Ingredientes para a torta:

image

– 250 ml de cervexa Guinness
– 250 gramos de manteiga sen sal
– 80 gramos de cacao en po
– 400 gramos de azucre
– 2 ovos grandes
– 1 culleradiña de esencia de vainilla
– 140 ml de leite amargo* (*limón)
– 280 gramos de fariña
– 2 culleradiñas de bicarbonato
– 1/2 culleradiña de fermento en po

*O leite amargo podédelo facer engadindo 1 cullerada de zume de limón ao leite, e deixando repousar a mestura uns 5 minutos.

Ingredientes para a crema de queixo:

image

– 50 gramos de manteiga sen sal, a temperatura ambiente
– 300 gramos de azucre en po
– 125 gramos de queixo crema
– cacao en po (para decorar, opcional)

Utensilios: un cazo, dous bols, un batedor e un molde de apertura lateral forrado con papel de aluminio ou vexetal untado con manteiga.
Tempo de preparación: uns 30 minutos
Tempo no forno: sobre 45 minutos

Preparación paso a paso:

1. Nun cazo, botamos a cervexa Guinness e maila manteiga, e poñémola ao lume ata que a manteiga se derreta e ámbolos dous ingredientes queden perfectamente integrados.

image

image

2. Deixámola arrefriar un pouquiño. Mentres, batemos os dous ovos, o leite amargo e maila vainilla.

image

3. Cando a cervexa e a manteiga xa estean máis tépedas, engadimos o azucre e mailo cacao. Mesturamos todo ben.

image

image

image

4. Xuntamos ámbalas dúas mesturas.

image

5. Noutro bol, botamos a fariña, o fermento e o bicarbonato. E engadímoslle a mestura de cervexa. Batemos de novo.

image

image

image

6. Vertemos a masa no molde e deixaremola no forno durante uns 45 minutos a 170 graos, ou ata que un escarvadentes cravado no centro da torta saia limpo.

7. Deixámolo arrefriar. É importante que antes de decorar a torta coa crema de queixo, esta estea fría.

image

(Kukiconsello: se vedes que a torta non vos quedou totalmente lisiña, podedes darlle a volta e decorala polo revés!)

image

8. Batemos a manteiga a temperatura ambiente. (Recordade que se o ambiente é moi frío, quizá precisedes poñela un chisco no microondas). E iremos engadíndolle o azucre en po pouco a pouco e mesturando ben. Non vos preocupedes se vedes que vos queda algo seco. É normal. Ao engadirlle o queixo, volverá quedar cremosa.

image

image

9. Engadimos o queixo, e mesturamos de novo ata que quede unha textura cremosa, como unha mousse.

image

image

10. Decoramos a torta coa axuda dunha paliña ou dun coitelo de untar.

image

11. Se queredes, podedes engadirlle un chisco de cacao en po. E listo!

image

Importante! Non gardedes a torta no frigo para que non se poña dura a crema de queixo. Aguantará varios días sen problema ningún.

A verdade é que a torta está boísima!!! De postre, para acompañar o café, de merenda… a todas horas! Eu de vós non agardaría ao día de San Patricio para facela! 😉

Se tedes algunha dúbida ou comentario, non dubidedes en comentar! Ah! E se alguén de vós a fai e lle saca unha foto, podédesma enviar a kukinhasblogue@gmail.com e colgareina no blogue!

___________________________________________________

Happy National Cake Day!!!

image

And to celebrate it, we’re going to prepare this delicious Guinness Cake!

I took this recipe from a Hummingbird Bakery Cookbook. If any of you has happened to go to London, this will ring the bell for sure! Last year, in my first visit to London, I ate a tasty cupcake on this bakery in Notting Hill, in Portobello Road. And it was reeeally yummy! So, if you have the opportunity of going to London, I recommend you to go to
Portobello market and have a cupcake or a piece of cake in this beautiful bakery.

The book I took this recipe from is called: “The Hummingbird Bakery Cake Days: Recipes to make every day special.” We can find different recipes for special times of the year, such as Christmas or Halloween. This recipe was the one to celebrate St Patrick’s Day, but as it is amazingly tasty, we can prepare it to celebrate National Cake Day as well! 😉

And what do we need?

Ingredients for the cake:

image

– 250 ml Guinness beer
– 250 gr unsalted butter
– 80 gr cocoa powder
– 400 gr sugar
– 2 big eggs
– 1 teaspoon vanilla essence
– 140 ml buttermilk* (*lemon)
– 280 gr flour
– 2 teaspoons baking soda
– 1/2 teaspoon baking powder

*You can do buttermilk by adding one tablespoon of lemon to the milk.

Ingredients for the cheese buttercream:

image

– 50 gr unsalted butter, at room temperature
– 300 gr powdered sugar
– 125 gr cream cheese
– cocoa powder to decorate (optional)

Utensils: a pan, two bowls, a whisk and a spring form tin with tin foil and butter.
Preparation time: around 30 minutes
Baking time: c. 45 minutes

Step by step preparation:

1. In a pan, add the Guinness and the butter and heat it until the butter has melted and both ingredients have fully integrated.

image

image

2. Let it cool for a while. Meanwhile, beat the eggs, the vanilla essence and the buttermilk.

image

3. When the beer and butter mixture is not too hot, add the sugar and the cocoa and mix well.

image

image

image

4. Put the two mixtures together.

image

5. In another bowl, add the flour, the baking powder and the baking soda. Mix them. Add the previous beer mixture and beat.

image

image

image

6. Pour the batter into the mould and bake it for 45 minutes at 170°C / 350°F, or until a toothpick inserted in the middle of the cake comes out clean.

7. Let it cool before removing it from its mould. It’s important to let the cake cool before decorating it with the cheese buttercream.

image

(Kukitip: if the cake is not flat on top, you can turn it and use it the other way around!)

image

8. Beat the butter at room temperature. And add the powdered sugar bit by bit. Don’t worry if you see the mixture is too dry, it will become smoother when adding the cream cheese.

image

image

9. Add the cheese, and mix again until creamy.

image

10. Decorate the cake with the cheese buttercream, using a spatula or a butter knife.

image

11. If you want, you can sprinkle some cocoa powder over it. And that’s it!

image

Important! Don’t keep the cake in the fridge to prevent the cheese buttercream to end up very hard!

The truth is that this cake is unbelievably yummy!!! If I were you, I would’t wait for St Patrick’s Day to come! 😉

If you have any doubt or comment, please let me know! And if you prepare any of these recipes, and you take a picture, send it to me to kukinhasblogue@gmail.com and I will pin it on the blog!

2 thoughts on “Torta de Guinness / Guinness Cake

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *