Catrineta, conserveira de Compostela / Catrineta, Compostela’s tin food shop

Catrineta, conserveira de Compostela

image

Hoxe vouvos falar de Catrineta, unha tenda de conservas en Compostela. Está situada na rúa Altamira, moi pertiño da Praza de Abastos compostelana.

Ao pasar pola rúa Altamira, descóbrese esta pequena tenda cun encanto especial. Ao entrar, chama a atención a súa decoración e o seu colorido. Ao preguntar, explícannos con moita amabilidade que o mobiliario e o aspecto da tenda mantívose do mesmo xeito no que sempre estivo. Sendo este un local aberto en Compostela dende 1953, onde houbera un ultramarinos.

Decoran as súas estanterías uns peixiños moi feitiños e unhas latas de conserva con papeis de cores. O contraste entre o aspecto antigo do local e as latas de cores fai que Catrineta sexa unha desas tendas nas que queres entrar, e volver.

Pero imos ao caso, as conservas. Para probar, mercamos unha de zamburiñas con salsa de vieira, unha de xoubas en aceite de oliva, e dúas de xarda, unha con tomate e outra con aceite de oliva.

Como xa vos dixen, a presentación xa chama a atención. E para exemplo, unha imaxe.

image

Pero o mellor de todo é, sen dúbida, o que ven dentro.

As xoubas están deliciosas! Pequenas, boa textura, e un bo aceite para acompañar.

image

Eu, que nunca probara a xarda en conserva, gostei máis da xarda en tomate. Seguramente porque ten máis corpo, non sendo a xarda un peixe cun sabor moi intenso.

Pero, para min, o mellor de todo, foron as zamburiñas. Primeiramente, porque é unha das conservas que máis me gustan, segundo porque a salsa era lixeira e non lle quitaba ningún sabor ás zamburiñas, que son o importante, e terceiro porque nunca vira unhas zamburiñas coma estas ao abrir unha lata.

Explícome. Seguramente sabedes o que é o coral, non? Esa parte de cor alaranxado que teñen tanto as vieiras como as zamburiñas e que é moi aprezada, pois nas de conserva, non era algo que normalmente destacara pola súa presenza, senón máis ben todo o contrario.

Pois como veredes na foto, ao abrir a lata de zamburiñas Catrineta, o primeiro que me deu na vista foros os preciosos corais!

image

E ademáis estaban boísimas! Recomendables 100%! E non só as zamburiñas, senón todo aquelo que poidades atopar nesta tenda.

A calidade das conservas, a decoración da tenda e a amabilidade do persoal, fan que esta tenda se convirta nunha das miñas favoritas de Compostela. Desas que lles recomendas aos amigos e coñecidos cando che preguntan polo que poden ver. Así se tedes a oportunidade de ir, non o dubidedes nin por un instante.

_________________________________________________

Catrineta, Compostela’s tin food shop

image

Today, I want to tell you about Catrineta, a tin food shop in Compostela. It’s located in Rúa Altamira, very near Santiago de Compostela’s old market (praza de abastos).

When passing by Altamira street, you will discover this little and beautiful shop. As you go in, its delighful and colourful decoration will immediately catch your eye. We asked about the place, and we were told that the furniture and the organisation of the place has remained untouched since 1953, to keep the old style of this place, which used to be a grocery store.

The rest of the decoration is the result of owners’ vivid imagination, and we can see some fish decorating the shelves, as well as the coloured papers of the cans. The contrast between the old style of the place and the colours of the products turn Catrineta into one of those shops you want to go, and go back.

But let’s go into the matter, the cans. To taste some of them, we bought variegated scallops in scallop sauce, pilchards with olive oil, and mackerel, both with tomato and with olive oil.

As I told you, the way the cans look on the outside – the wrap paper – makes them different from others. And to illustrate this, nothing better than a picture.

image

But the best is definitely the inside.

The pilchards are delicious! Small, good texture and a very nice olive oil.

image

I, which never tried canned mackerel before, liked the tomato ones rather than the olive oil ones, but it’s probably because the mackerel is a fish with a soft flavour, and the tomato makes it a little bit more tasty.

But, for me, the best of all were the variegated scallops. First, because they’re my favourite, second, because the scallop sauce was really nice and simple and did not hide the flavour of the v. scallops, and third, because I had never seen v. scallops as these ones before.

Let me explain. This orange part of the scallop, which is highly regarded, is rarely to be found in canned v. scallops, usually, it is the other way around, you found all the v. scallops without it.

But as you will see in the picture, when opening the can, the orange part (we call it “coral”) will be the first thing you will see.

image

They are incredibly tasty! 100% recommended. And not only the v. scallops, but everything you can find in this shop.

The quality of the food inside Catrineta cans, the decoration of the shop and the workers’ kindness are reasons why this shop has become one of my favourites in Compostela. One of those shops you recommend to your friends and people who ask you what they can see. So, if you happen to have an opportunity of coming to this shop, don’t hesitate! Because you won’t be disappointed.

6 thoughts on “Catrineta, conserveira de Compostela / Catrineta, Compostela’s tin food shop

  1. Oh! buceando pela rede atopeime agora con isto. Igual estamos algo obsesionados, como familia primeiriza! Heehehe. En fin! muitas grazas polos comentarios e pola recomendación. É realmente emocionante ler isto e fainos camiñar un pouco mais seguras. Grazas de novo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *