Bacallau á sidra / Cod in cider

Bacallau á sidra

image

Despois de tanto doce de Samaín, toca un descansiño, e preparar esta deliciosa receita! É moi doada (para non variar! 😉 ), rápida de facer e moi saborosa! Imos aló!

Ingredientes para dúas persoas:

– 1 filete grande de bacallau fresco cortado en 4 anacos
– 1/2 pemento vermello
– 1/2 cebola
– uns 250 ml de sidra

Preparación paso a paso:

1. Cortamos a cebola e mailo pemento en tiras e fritímolo cunha cullerada de aceite de oliva.

2. Engadimos o bacallau, e cando xa teñamos os catro anacos colocados, engadimos a sidra.

3. Deixámolo facer ben por un lado antes de darlle a volta. Se os filetes son finiños, bastará con deixalos 4 ou 5 minutiños por cada lado.

4. Cando xa estea o bacallau feito, só queda colocalo no prato e botarlle o pemento, a cebola, e a sidra por riba. Aproveitando o mollo de sidra, podedes acompañar o bacallau cunhas pataquiñas cocidas. E listo!

_______________________________________________

Cod in cider

image

After so many sweet Halloween recipes, time for a break! and time to prepare this delicious recipe. It’s veeery easy (as usual!), quick and really tasty! Let’s go!

Ingredients:

– 1 fresh cod fillet cut into 4
– 1/2 red pepper
– 1/2 onion
– around 250 ml cider

Step by step preparation:

1. Cut the onion and the pepper into strips and fry them with a tablespoon of olive oil.

2. Add the cod, and once you have it ready, add the cider.

3. Let it boil for each side very well until turning it over. If the fillet is thin, 4 or 5 minutes for each side will be enough.

4. When the cod is ready, just put it on the plate with the pepper, the onion and the cider on top. You can also boil some potatoes to eat them with this delicious cider sauce. And that’s it!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *