Marmelo caseiro / Home-made quince jelly

Marmelo caseiro

image

Dende que mercamos o marmeleiro, o de facer o doce de marmelo na casa convertiuse xa nunha tradición! O marmeleiro é aínda pequecho, pero non vos podedes imaxinar que marmelos ten, ata o punto de ter que andar con moito tino para que non lle rompan as ramas. Pena non terlle sacado algunha foto para ensinárvola, pero algún deles pesaba ata 660 gramos! (Dentro de pouco sacareille unha foto ao marmeleiro para que o vexades).

Así que imos ver como se fai este delicioso marmelo. Leva un pouco de tempo, pero de verdade que paga a pena! Sobre todo, se tedes a oportunidade de facelo cos vosos propios marmelos. Ecolóxico, caseiro, sabendo o que leva e, o máis importante, que está de vicio! Imos aló!

Ingredientes:

– uns bos marmeliños da leira 😉
– azucre

Preparación paso a paso:

1. Limpamos os marmelos e sacámoslles o corazón, pero non os pelamos. Cortámolos en anacos e botámolos a cocer, botando auga ata que os cubra.

image

2. Deixámolos cocer durante unha hora e cuarto aproximadamente, remexendo de vez en cando para que non se nos peguen ao fondo.

image

3. Unha vez cocidos, pasamos os marmelos, previamente escorridos, polo pasapuré.

image

4. Quedaranos unha especie de puré, como o que se ve nesta foto.

image

5. Agora toca pesar o puré. Neste caso, o puré pesaba 5 kilos.

6. Poñerémolo de novo ao lume e engadiremos 800 gramos de azucre por cada kilo de puré. Polo tanto, engadimos 4 kilos de azucre. (Este ano, por primeira vez, engadímoslle azucre branco e un pouquiño de azucre moreno, o que lle dou unha cor moi bonita).

image

Deixaremos cocer o marmelo durante unha hora e cuarto, ou ata que vexades que o marmelo xa se despega da pota. Importante! Non podemos deixar de remexer! Así que, se podedes, pedide axuda a alguén pola casa, e procurade remexer por turnos, para que non vos doian moito os brazos. 😉

7. Unha vez estea listo, pasarémolo a algún recipiente e deixarémolo arrefriar. (Kukiconsello: se tedes algunha maneira de poñerlle un peso ao marmelo, quedaravos máis compacto e seravos máis doado de cortar). De todas maneiras, ao arrefriar terá unha consistencia excelente para tomar acompañado dun queixiño de Bama, das neves, San Simón, ou calquera queixo galego deses que están ben sabedeiros!

image

Agardo que vos gustara esta receita tanto como a min me gusta facer marmelo! Que pracer cando un pode facer receitiñas cos produtos da leira!

___________________________________________

Home-made quince jelly

image

Since we bought our quince tree, preparing the quince jelly has become some sort of tradition at home. Despite being small, the quince tree has got huge quince, we even have to be very careful with it, to avoid the tree brunches from breaking! I forgot to take a picture of them, but this year, we even had some of 660 grams each! (I will soon take a picture of the tree, for you to see it).

So, let’s see how to prepare this delicious quince jelly. We need some time to prepare it, but it’s worth! And if you have the opportunity of doing it with your own quince, it will be great, and you will get a home-made, organic, natural and the most important of all, absolutely delicious quince jelly! Let’s go!

Ingredients:

– some great quince
– sugar

Step by step preparation:

1. Clean the quice and take the seeds out, but don’t peel it! Then, chop them a bit and boil them with the water covering them all.

image

2. Let them boil for about 1 hour and 15 minutes, stirring from time to time.

image

3. Once they’re ready, take the water out and mash them with a manual food mill.

image

4. Now we have a sort of purée, as you can see in the picture.

image

5. Time to weigh! In this case, we’d got 5 kilos.

6. Heat it again and add 800 gr sugar for each kilo of quince purée. So, we will add 4 kg sugar. (This year, for the first time, we used some brown sugar, which gave it a very nice bright colour).

image

Boil it for 1 hour and 15 minutes, more or less. Important! Don’t stop stirring! So, please, ask for help or you’ll end up with your arm hurting A LOT! 😉

7. Once the jelly is ready, put it on an appropriate container and let it cool. (Kukitip: if you have some sort of thing to act as a weight, the texture will be harder and so easier to cut) But, anyway, once it’s cool, the consistency will be perfect to be eaten with Bama cheese, San Simón, As Neves, or any other amazingly tasty Galician cheese!

image

I hope you love this recipe, and the quince jelly, as much as I do! It’s a pleasure for me to do something like this out of our own products!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *