Empanadiñas de atún / Tuna pasties

Empanadiñas de atún

image

Aí vai unha receitiña de empanadiñas de atún deliciosas. Perfectas para calquera ocasión e que farán as delicias dos máis cativos. Imos aló!

Ingredientes:

– 16 obleas para empanadiñas pequenas
– 2 latas de atún en conserva
– media cebola
– medio pemento vermello
– 3 ou 4 culleradas de prebe de tomate

Preparación paso a paso:

1. Cortamos a cebola en tiras e o pemento vermello en dadiños, e fritímolos ata que estean brandiños.

2. Engadimos o atún e integramos todo ben.

3. Engadimos o prebe de tomate e mesturamos.

4. Botamos unha culleradiña e media en cada oblea, pechamos e marcámolas cun garfo.

5. Fritimos as empanadiñas e listo! Así quentiñas están para relamer os dedos!

image

_______________________________________________

Tuna pasties

image

Let’s go today with these delicious tuna pasties! Perfect for every occasion and to be your kids’ favourites!

Ingredients:

– 16 round small pastries
– 2 cans tuna
– 1/2 onion
– 1/2 red pepper
– 3 or 4 tablespoons tomato sauce

Step by step preparations:

1. Cut the onion into strips and chop the red pepper. Fry them until done.

2. Add the tuna and mix until well combined.

3. Add the tomato sauce and mix again.

4. Put one teaspoon and a half of this mixture over the pastries, close them and mark them with a fork.

5. Fry the pasties until golden brown and that’s it! When hot, they’re even more delicious!

image

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.