Bombóns recheos de doce de leite / Dulce de leche chocolates

Bombóns recheos de doce de leite

image

Fai pouquiño merquei un molde para facer bombóns. Xa había tempo que tiña ganas de mercar un para aproveitar o chocolate que ás veces nos sobra facendo alguna lambonada. Pero xa se sabe, ao ter o molde pola casa, sempre se cae na tentación de usalo para probar alguna nova larpeirada, e deaí saiu a idea de facer estes bombóns.

É certo que para facer bombóns é importante atemperar o chocolate, pero como quería facer unha receita rápida e sinxela, fíxeno sen este paso. Os bombóns convén que queden na neveira durante bastante tempo, dous ou tres días, para que non se derretan nada máis tocalos. Peeero, para os lambonciños coma min, pódense comer unha vez que estean xa fríos e duros, están deliciosos! (Aínda que se desfagan…sempre se poden relamer os dedos, non si?) Imos aló!

Ingredientes:

– un botiño de doce de leite
– 2 tabletas de chocolate con leite
– 1 tableta de chocolate branco

Utensilios: molde para bombóns, unha culleriña e un coitelo de folla ancha.

Preparación paso a paso:

1. Derreter 1 barriña de chocolate con leite no microondas. (Kukiconsello: para que non se nos queime o chocolate, poñeremos o microondas na función de desconxelar e irémolo controlando e remexendo cada 30 ou 40 segundos).

2. Cunha culleriña, imos botando o chocolate nos moldes de maneira que queden o fondo e mais as beiras ben cubertas (aproximadamente 1/3), pero se enchelos de todo.

image

3. Engadir unha culleradiña pequena de doce de leite en cada un.

image

4. Derreter a barriña de chocolate branco e a de chocolate con leite e tapar os bombóns. Co coitelo, aplanar a superficie eliminando o chocolate extra.

image

5. Metelos na neveira ata que estean duriños. Desmoldalos e… a gozar!!! 😛

image

image

___________________________________________

Dulce de leche chocolates

image

Not a long time ago, I bought a chocolates mould to use when I had some extra chocolate from any other recipe. But, you know, having this new mould around was a big temptation for me, and that’s why I came up with the idea of doing this chocolates!

It’s true that preparing home-made chocolates is much more difficult, but as I wanted to make it simple, I did it this way. If you can resist it, let them cool in the fridge for two or three days, to avoid over melting. But if they melt…you can always lick your fingers, right? 😉 Let’s go!

Ingredients:

– 1 jar dulce de leche (milk jam)
– 2 milky chocolate bars
– 1 white chocolate bar

Utensils: a chocolates mould, a teaspoon and a wide blade knife.

Step by step preparation:

1. Melt one bar of milky chocolate in the microwave. (Kukitip: set the microwave in that defrost option to prevent the chocolate from burning).

2. With a teaspoon, fill 1/3 of the mould with chocolate.

image

3. Add a teaspoon of dulce de leche.

image

4. Melt the white and the milky chocolate bars and fill the mould until completely full. With the knife, straight the surface taking the extra chocolate out.

image

5. Put them in the fridge until hard. Taking them out of the mould and…enjoy them! 😛

image

image

2 Comments

  1. Esto ten moi boa pinta seguro que están boíiiiiiisimos, o problema serán os kiliños ou o colesterol.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.