Salteado de verduras / Sautéed vegetables

Salteado de verduras

image

Aquí estamos de novo cunha receitiña de esas que tanto me gustan, é dicir, saudables, rápidas, sinxelas e saborosas. Eu useina para acompañar un peixe á grella, pero iravos de luxo para completar calquera prato. Incluso lle poderiades engadir polo en tiriñas para tomalo como prato principal. Imos aló!


Ingredientes para 2 persoas:

– 1 cenoria
– medio cabaciño
– media cebola
– medio pemento vermello
– 1 cullerada de aceite de oliva
– 2 culleradas de prebe de soia

Preparación paso a paso:

1. Cortamos tódalas verduriñas en tiras. (Kukiconsello: se tedes un pelador, podedes aproveitar para cortar as verduriñas a tiras con el, acabaredes moito máis axiña e quedarán máis finas).

2. Nunha sartén, salteade as verduriñas co aceite quente durante uns minutiños e sen parar de remexer.

3. Cando xa estean al pochadas, pero aínda crocantes, engadide a dúas culleradas de prebe de soia.

4. Salteado un pouquiño máis a lume baixo ata que estean ao punto! A mín gústame que queden algo crocantes, pero cada un que as faga ao se gusto.

Como vedes, non fai falla engadirlles sal, posto que a soia xa lles dará un gusto salgado.

Pois xa vedes, unha receita de esas que vale a pena facer. Agardo que vos guste!!!

_______________________________________________

Sautéed vegetables

image

Here we are again with one of those recipes I’m in love with: quick, easy, healthy and tasty! I prepared it as a side to a fish, but yoy can do it with whatever dish you want. You can also add some chicken to eat it as a main course.

Ingredients for two:

– 1 carrot
– half onion
– half courgette/zucchini
– half red pepper
– 1 tablespoon olive oil
– 2 tablespoons soy sauce

Step by step preparation:

1. Cut all the veggies into strips. (Kukitip: if you have a peeler, you can use it to cut the veggies, it is quicker and the strips will be thinner).

2. In a pan, heat the oil and saute the vegetables moving them all the time.

3. When they are a little bit done, but crunchy, add the soy sauce.

4. Saut them a bit more until you like the flavour and the texture. I prefer them crunchy.

As you can see, we need no salt because the soy sauce will be enough.

I hope you try this amazing recipe because I’m sure you will love it!

2 Comments

  1. El complemento perfecto para el salmón a la plancha que me voy a preparar hoy. 🙂

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.