Roliños de primavera / Spring rolls

Roliños de primavera

image

Di Eduard Punset que é máis importante facerlle caso á intuición que á razón. Así que seguindo o seu consello, traiovos esta receita de roliños porque teño a intuición de que vos vai encantar!

Por certo! Hai pouquiños días este blogue chegou ás 1.000 visitas!!! Que alegría saber que dedicades un pouquiño do voso tempo a mirar este blogue! Graciñas 1.000!!!

Pois imos ver cómo preparar esta receitiña!

Ingredientes:

– sobre 14 obleas de papel de arroz*
– medio repolo pequeno
– 2 cenorias
– uns 250 gramos de brotes de soia
– 2 culleradas de mollo de soia

* Nos supermercados, atópanse na sección de comida internacional.

Pasiño a pasiño:

1. Cortamos o repolo en tiras. A maneira máis sinxela é formar un grupiño ben apertadiño de follas, e despois cortalas en tiras, así quedaranvos perfectas!

2. Cortamos a cenorias en bastonciños.

3. Fritimos o repolo e a cenoria e cando xa estean case a punto, engadimos os brotes de soia e as dúas culleradas de mollo de soia.

4. Cando o recheo estea listo, coarémolo para que non teña un exceso de aceite. Non vos preocupedes porque tamén se perda algo de mollo, o sabor conservarao igualmente.

image

5. Agora toca facer os roliños! Aquí o mellor é buscar un ou unha axudante, así que buscade a alguén pola casa que vos poida botar unha man 😉

Por un lado, enchemos un bol con auga morna. Neste bol, abrandaremos as obleas de papel de arroz ata que estean brandiñas e as poidamos dobrar. Polo tanto, teremos que buscar un bol que teña unha boca tan grande como as obleas, para que non se nos doblen antes de tempo, xa que se volven algo pegañentas.

6. Abrandamos unha oblea en auga morna durante uns segundos (abrandan axiña), despois, nun trapiño ou nunha servilleta branca de tela, poñemos a oblea ben estirada.

image

7. Engadimos dúas ou tres culleradas de recheo, segundo queirades os roliños máis grandes ou máis pequenos.

8. Dobramos a parte de abaixo cara adentro, xirando xa un pouquiño o roliño.

image

9. Agora dobramos os lados tamén cara adentro.

image

10. E por último, xiramos o resto do roliño. Seguiremos este procedemento con tódalas obleas.

image

image

11. Unha vez que xa temos os roliños formados, toca fritilos. Co aceite ben quente, imos botando os roliños de maneira que non se toquen entre eles. E por que? Pois porque cando se están fritindo, pégase moito a masa, polo que corremos o risco de que se nos rompan e nos caia o recheo, así que botaremos poucos de cada vez para que non se nos xunten. E listo!

Os roliños pódense tomar no momento ben quentiños, ou cando xa estean fríos, das dúas maneiras están ben saborosos. Ademáis, son unha moi boa opción para os vexetarianos!

___________________________________________

Spring rolls

image

Punset says that we should follow our intuition instead of our reason. So, I, following his advice, bring you this spring rolls recipe because I know by intuition that you’re going to love it!

By the way! Some days ago I saw that this blog reached 1,000 visits!!! I’m very happy to see that you spend a little bit of your time in visiting this blog! Thanks A LOT!!!

Let’s see how we can prepare this lovely recipe!

Ingredients:

– around 14 rice wrappers
– half little cabbage
– 2 carrots
– 250 gr soybean sprouts
– 2 tablespoons soy sauce

Step by step:

1. Cut the cabbage into strips. The easiest way is to form a group of leaves and then cut them all together! It is easier and quicker.

2. Cut the carrots into strips.

3. Fry the cabbage and the carrots until they’re almost done, then add the soybean sprouts and the two tablespoons of soy sauce.

4. When the vegetables are ready, strain them to avoid having too much oil. Don’t worry about the soy sauce, the flavour will be kept as well.

image

5. So, time to prepare the rolls! If you have the luck to have someone around when doing the rolls, ask them to help you! 🙂

Now, fill a bowl with mild water. We will use it to soften the wrappers, so look for a bowl wide enough to wet the whole wrapper at a time, because once they’re soft, they can be a little bit sticky.

6. Soft one wrapper in the mild water for some seconds (they soften really soon), and then, put it on a white cloth or napkin.

image

7. Add two or three tablespoons of the previous mixture, depending on how you want them, bigger or smaller.

8. Fold the down part to the inside, turning the roll a little bit.

image

9. Now fold the sides, as you can see in the picture.

image

10. And last, wrap the whole roll. We will repeat these procedure with the rest off the wrappers.

image

image

11. Now that we have all the rolls ready it’s time to fry them. Put them in a pan with the oil really hot. Then, add the rolls one by one and trying not to put them together. When they’re frying, the wrappers become even more sticky so try not to put them too close, because the rice wrapper can break. And that’s it!

These spring rolls are very good either hot or cold. Besides, they’re a perfect vegetarians choice!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *