Alfajoriños / Little Alfajores

Alfajoriños

image

Vouvos confesar un segredo… Son adicta ao doce de leite! Gústame en xeados, con filloas, con galletas…e, por suposto, nos alfajores. E xa facía tempo que tiña ganas de preparar estas delicias! Como non son moi fan do coco, usei chocolate branco relado e debo decir que así están ben sabedeiros! 🙂 Imos ver como se fan!

Ingredientes para uns 30 alfajoriños:

image

– 125 gramos de manteiga
– 75 gramos de azucre
– 1 ovo
– 1 cullerada de esencia de vainilla
– 100 gramos de fariña para repostería
– 150 gramos de fariña de millo (maizena)
– medio sobre de fermento (uns 8 gramos)
– 1 culleradiña de bicarbonato
– 1 botiño de doce de leite
– 1 tabletiña de chocolate branco

Utensilios: un bol, un coador, un batedor, papel transparente, un rolo de amasar e papel vexetal.
Tempo de preparación: 20 minutos
Tempo no forno: sobre 8 minutos a 180 graos
Dificultade: sinxelo

Pasos para preparar esta lambetada:

1. Batemos o azucre e maila manteiga ata que colla una textura cremosa.

2. Engadimos a vainilla e o ovo, e batemos de novo.

image

3. Coamos as fariñas, o bicarbonato e o fermento e engadímolo tamen á masa.

image

4. Agora tócanos poñernos coas mans na masa! Mesturamos todo ben e formamos un boliño. A verdade é que resulta unha masa moi boíña de manexar, pois non se pega nada.

5. Envolvemos o boliño en papel transparente e deixámolo no frigo durante unha media hora.

image

6. Pasados os 30 minutos, estiramos a masa co rolo. (Kukiconsello: se non tes rolo de amasar, podes estirar a masa cunha botella de cristal!)

7. Corta a masa cun cortapastas redondo ou con algunha tapa ou utensilio redondo que atopes pola casa. Eu fíxenos cunha tapa de cacaolat! E saíronme unhas 60 tapiñas – 30 alfajores- de 4,5 cm de diámetro.

image

8. Coloca as tapiñas na bandexa do forno sobre unha lámina de papel vexetal. Méteas no forno a 180 graos durante aproximadamente 8 minutos, ou ata que notes unha lixeiriña cor dourada polas beiras, pero non as deixes demasiado, deberán quedar practicamente branquiñas por ámbalas partes.

image

9. Despois, déixaas arrefriar na grella do forno.

image

10. Cando estean frías, é hora de rechealas! Colle unha tapa, e bótalle un pouco(ou un moito) de doce de leite, cerra o alfajor e reparte outro pouco de doce de leite polas xuntas.

11. Rela o chocolate branco e pasa as beiras do alfajor polo chocolate.

image

12. Vainos colocando nun pratiño ou bandexa e vixía o prato! pois segundo os vas poñendo, poden ir desaparecendo! 😉

image

_____________________________________

Little Alfajores

image

I must tell you a secret… I’m addicted to dulce de leche! (It is so good it does not have an exact translation 😉 It would be some sort of milk jam, but better!) I like dulce de leche with lots of things, cookies, ice creams, crepes… and, of course, alfajores! As I’m not a huge coconut fan, I change it for grated white chocolate and I must confess it ended up reeeally tasty! 🙂 Let’s see how we do it!

Ingredients:

image

– 125 gr butter
– 75 gr sugar
– 1 egg
– 1 tablespoon vanilla essence
– 100 gr cake flour
– 150 gr cornflour
– 8 gr baking powder
– 1 teaspoon baking soda
– 1 jar of dulce de leche
– 1 white chocolate bar

Utensils: a bowl, a sieve, a whisk, plastic wrap, a rolling pin and baking sheets.
Preparation time: 20 minutes
Baking time: around 8 minutes
Difficulty: easy

Steps to prepare this yummy dessert:

1. Beat the butter together with the sugar until soft.

2. Add the vanilla and the egg, and beat again.

image

3. Sift the flours, the baking soda and the baking powder and add it to the mixture.

image

4. Now it’s time to work with our hands! Mix all the ingredients.

5. Put the dough in a plastic wrap and keep it in the fridge for half an hour.

image

6. Then, roll the dough using a rolling pin. (Kukitip: if you don’t have a rolling pin, use a bottle! The result is the same!)

7. Cut the dough with a round cookie-cutter, a bottle cap, or anything that just can make a round shape. I did it with a Cacaolat cap, and that made 60 round shapes – 30 alfajores – of 4.5 cm each.

image

8. Put these rounds on a baking sheet and put them in the oven for around 8 minutes or until the edges look slightly brown, but don’t bake them a lot, both sides should look white.

image

9. Then, let them cool over the wire rack.

image

10. Time to fill them with the dulce de leche! Take one circle, add some dulce and stick to the other one. Put some more around the edges.

11. Grate the white chocolate and put it over the edges of the alfajor.

image

12. Put them on a dish or tray but watch out! cause as you’re putting in there, they will be disappearing! 😛

image

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *