Piruletas de sabores / Pie pops

Piruletas de sabores

IMG_1543

O día que fixen a torta de amoras, sobroume unha pouca pasta brisa, así que tocoume discurrir que podía facer con ela! E así chegou esta idea!

Son moi sinxelas e rápidas de facer, e ademáis é unha receita ideal para facer con nenos. Encantaralles andar co cortapastas e untar chocolate na masa cos seus dediños, para despois, evidentemente, relamelos! 😛 E non vos digo nada cando toque comelas… desaparecerán nun plis!

Imos ver como se fan!

Ingredientes:

IMG_1527

– 1 lámina masa quebrada ou pasta brisa
– 1 tableta de chocolate, marmelada, e calquera recheo que se vos ocorra

Utensilios: sticks para cake pops, cortapastas e papel vexetal.
Tempo de preparación: sobre 10 minutos
Dificultade: moi sinxelo

Preparación paso a paso:

1. Corta a masa coa axuda do cortapastas. Recorda que deberás cortar dúas formas de cada, unha para a parte de arriba e outra para a parte de abaixo.

IMG_1531

2. Pon un pouquiño do recheo que queiras nunha das masas. (Os meus favoritos son os de banana e chocolate, están de vicio!)

IMG_1532

IMG_1540

IMG_1541

3. Coloca o stick e apretao con coidado contra a masa.

IMG_1538

4. Molla con auga a outra tapiña e ponlla por riba. Apreta as beiras cos dedos e márcaas coa axuda dun garfo.

IMG_1539

5. Méteas no forno a 200 graos ata que as vexas douradiñas por riba. Déixaas arrefriar e… a gozar!!!

IMG_1544

Animádevos a facelas con algún pequecho nunha tarde de domingo na que non hai nada mellor que facer, pasarédelo bomba! 😉

___________________________________

Pie pops

IMG_1543

The day I prepared the Blackerry pie, I had some pastry left, so I started thinking what I could do. And I came up with this idea!

They are very easy and quick to do, and I think they’re perfect to be done with kids! They’ll love cutting the forms with the cookie cutter and putting the chocolate on the pastry to lick their fingers afterwards! 😛

Let’s see how we do them!

Ingredients:

IMG_1527

– 1 disk shortcrust pastry
– 1 chocolate bar, marmelade… or whatever you want to put inside them

Utensils: cookie cutters, cake pop sticks and baking sheets.
Preparation time: around 10 minutes
Difficulty: very easy

Step by step preparation:

1. Cut the pastry with the cookie cutter. Remember you have to cut two halves of it, to put one down and another on the top.

IMG_1531

2. Put a bit of chocolate, marmelade… on top of one of the halves. (My favourites are chocolate and banana, they’re super tasty!)

IMG_1532

IMG_1540

IMG_1541

3. Put the stick on the pastry pushing carefully a little bit.

IMG_1538

4. Wet the other half with water and put it on top of the other.Push the edges, marking them with a fork.

IMG_1539

5. Put them in the oven until golden brown on the top, at a temperature of 200ºC / 400ºF. Let them cool and eat them right away! Children will surely love both doing them and eating them!

IMG_1544

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.