Follas de repolo recheas / Stuffed cabbage leaves

image

Follas de repolo recheas

Esta receita, ademáis de ser moi apetitosa e moi doada, resulta moi útil para esas veces nas que nos sobra algo de carne (ou peixe) do día anterior, e non sabemos moi ben que facer con ela. Asegúrovos que todos quererán repetir!

E o que precisamos para 4 persoas é…

– 12 follas de repolo
– 2 pementos verdes
– 1 pemento vermello
– 2 cebolas
– 400 gramos de carne (pode ser pavo, porco, polo, tenreira, coello…)

E a preparación paso a paso é así:

1. Cortamos en dadiños a carne, a cebola e os pementos, e fritimos as verduras por un lado e a carne por outro. Despois, mesturámolo todo ben. (Kukiconsello: a min gústame coar o recheo e deixalo escorrer para que non teñan aceite en exceso).

2. Cocemos as follas de repolo que sexan máis grandiñas cun pouco de sal ata que estean brandiñas, para que non se nos rompan ao facer os ‘paquetiños’.

3. Cando xa estean cocidas, sacámolas para un prato e deixámolas arrefriar un pouco.

4. Collemos unha folla e estirámola ben, de maneira que a parte máis dura quede cara nós, poñemos dúas culleradas de mestura dentro, e dobramos a parte de abaixo, despois dobramos os lados cara adentro e enroscamos a folla para rematar o ‘paquetiño’. (Como un roliño de primavera).

5. Nun molde para forno, colocamos as follas recheas e deixarémolas no forno ata que collan unha cor torrada por riba, a uns 180ºC.

6. Sacámolas do forno, e listo! Así quentiñas están de vicio!

____________________________________________

Quick recipe: Stuffed cabbage leaves

image

This recipe, apart from being really tasty and easy to prepare, it’s perfect to use up those meat or fish leftovers we sometimes have. I assure you everybody will ask for another one!

We need…

– 12 cabbage leaves
– 2 green peppers
– 1 red pepper
– 2 onions
– 400 g meat (either turkey, pork, chicken, rabbit, beef…)

Step by step preparation:

1. Chop all the vegetables and the meat and fry them separately. Then, mix all well. (Kukitip: I like straining the whole mixture not to have too much oil)

2. Boil the bigger leaves with a pinch of salt until soft. Thus, they won’t break when doing the ‘wrap’.

3. When ready, take them out and let them cool.

4. On a plate, take one leave and set the hard part to where you are. Then, add two tablespoons of the mixture and roll the lower side, fold the sides to the center and roll again to form the cabbage wrap. (Like a spring roll)

5. In a baking mould, put all the stuffed cabbage leaves and bake it until the top gets golden brown, with a temperature of 180ºC / 350ºF.

6. Take them out of the oven and that’s it! Get ready to love this recipe!

4 thoughts on “Follas de repolo recheas / Stuffed cabbage leaves

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *