Bombóns recheos de doce de leite / Dulce de leche chocolates

Bombóns recheos de doce de leite

image

Fai pouquiño merquei un molde para facer bombóns. Xa había tempo que tiña ganas de mercar un para aproveitar o chocolate que ás veces nos sobra facendo alguna lambonada. Pero xa se sabe, ao ter o molde pola casa, sempre se cae na tentación de usalo para probar alguna nova larpeirada, e deaí saiu a idea de facer estes bombóns.

É certo que para facer bombóns é importante atemperar o chocolate, pero como quería facer unha receita rápida e sinxela, fíxeno sen este paso. Os bombóns convén que queden na neveira durante bastante tempo, dous ou tres días, para que non se derretan nada máis tocalos. Peeero, para os lambonciños coma min, pódense comer unha vez que estean xa fríos e duros, están deliciosos! (Aínda que se desfagan…sempre se poden relamer os dedos, non si?) Imos aló! Continue reading “Bombóns recheos de doce de leite / Dulce de leche chocolates”

Salteado de verduras / Sautéed vegetables

Salteado de verduras

image

Aquí estamos de novo cunha receitiña de esas que tanto me gustan, é dicir, saudables, rápidas, sinxelas e saborosas. Eu useina para acompañar un peixe á grella, pero iravos de luxo para completar calquera prato. Incluso lle poderiades engadir polo en tiriñas para tomalo como prato principal. Imos aló!

Continue reading “Salteado de verduras / Sautéed vegetables”

Roliños de primavera / Spring rolls

Roliños de primavera

image

Di Eduard Punset que é máis importante facerlle caso á intuición que á razón. Así que seguindo o seu consello, traiovos esta receita de roliños porque teño a intuición de que vos vai encantar!

Por certo! Hai pouquiños días este blogue chegou ás 1.000 visitas!!! Que alegría saber que dedicades un pouquiño do voso tempo a mirar este blogue! Graciñas 1.000!!! Continue reading “Roliños de primavera / Spring rolls”

Alfajoriños / Little Alfajores

Alfajoriños

image

Vouvos confesar un segredo… Son adicta ao doce de leite! Gústame en xeados, con filloas, con galletas…e, por suposto, nos alfajores. E xa facía tempo que tiña ganas de preparar estas delicias! Como non son moi fan do coco, usei chocolate branco relado e debo decir que así están ben sabedeiros! 🙂 Imos ver como se fan!

Continue reading “Alfajoriños / Little Alfajores”

Restaurante Kilo / Kilo Restaurant

Restaurante Kilo

large__8522963298

Hoxe vouvos falar do restaurante Kilo, un restaurante totalmente diferente. Continue reading “Restaurante Kilo / Kilo Restaurant”