Pencas recheas / Stuffed white (swiss) chard stalks

Pencas recheas

IMG_1450

Cando mercamos as acelgas, pásanos moitas veces que non sabemos que facer coas pencas (a parte branca do talo) e polo xeral, non se aproveitan. Con esta receita, veremos como aproveitar as pencas, dando como resultado unha receita doada e cun bo resultado. Ademáis, é unha moi boa opción para que os nenos coman vexetais.

Ingredientes:

– pencas de acelga
– queixo en lonchas
– pavo en lonchas
– sal
– fariña
– ovo
– pan relado

Preparación paso a paso:

1. Cocemos as pencas nunha pota con abundante auga e sal durante uns 15 minutos, ou ata que vexamos que xa están brandiñas.

2. Collemos unha penca duns 10 centímetros de largo e sobre ela poñemos un anaco de xamón e outro de queixo. (O tamaño dependerá de como vos gusten máis, pódense cortar para facer máis pequenas ou deixalas máis longas) E cubrímola con outra penca de tamaño similar.

3. Pasámola pola fariña, o ovo e o pan relado; e fritímolas na sartén ata que estean douradiñas. E a comer!

kukiconsello: podes poñerlle un escarvadentes para que non se abra ao fritir.

_________________________________________________________

Stuffed white (swiss) chard stalks

IMG_1450

When we buy chards, we usually do not know what to do with the stalks, and the truth is that they are as tasty as chards themselves. This recipe is very easy to prepare and a good recipe for children to eat vegetables.

We need…

– chard stalks
– sliced cheese
– sliced turkey
– salt
– flour
– eggs
– breadcrums

Step by step procedure:

1. Boil the stalks in salty water for about 15 minutes or until soft.

2. Take one stalk of approximately 10 centimeters, and put one slice of cheese and one of turkey over it, and cover with another stalk, like in a sandwich. (The size of the stalks depend on how you like them, you can cut them to do them smaller or leave them bigger)

3. Coat it in flour, egg and breadcrumbs and fry them until toasted. And time to eat!

kukitip: you can put a toothpick in between not to let them open while frying.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.