Couscous con verduras / Couscous with vegetables

image

Experimentando co couscous por primeira vez, decidín facer este prato con verduras de tempada. Un prato saudable, fácil, rápido e, coma sempre, digno de se relamer os dedos!

Ingredientes do couscous con verduras para 2 persoas:

– 125 gramos de couscous (de tamaño medio)
– 125 ml de auga
– medio cabaciño
– media berenxena
– 1 cenoria
– 1 tomate
– sal (ao gusto)
– Aceite de oliva

Tódolos ingredientes se poden atopar no supermercado.

E como se prepara?

1. Cortamos as verduras todas en dadiños e fritímolas ata que estean no seu punto.

2. Por outra banda, poñemos a ferver 125 ml de auga con sal e un chisco de aceite, e en canto rompa a ferver, sacamos a pota do lume e botamos o couscous. Remexemos un pouquiño e deixámolo repousar durante 3 minutos. Cando xa pasaron os 3 minutos, o couscous absorbeu toda a auga. Engadímoslle un chisco máis de aceite e volvémolo poñer ao lume, sen parar de remexer, a lume lento, durante 2 ou 3 minutiños máis.

3. Cando xa teñamos tódolos ingredientes preparados, só queda xuntalos ben e a comer! Bo proveito!

__________________________

image

Experimenting with couscous for the first time, I decided to prepare it with seasonal vegetables. A quick, easy, healthy and incredibly tasty dish!

Ingredients for two:

– 125 g couscous
– 125 ml water
– 1/2 courgette/zucchini
– 1/2 aubergine
– 1 carrot
– 1 tomato
– salt
– olive oil

All the ingredientes can be easily found in the supermarket.

Time to prepare it!

1. Chop all the vegetables and fry them until ready.

2. Heat the water, with salt and some oil, and as soon as it boils, take the saucepan out, and stir the couscous. Mix it for a while and then wait for 3 minutes. Add some more oil and heat it again for 2 or 3 minutes more, mixing with a spoon all the time.

3. When all ingredientes be ready, mix them and that’s it! Enjoy it!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *