Galletas de manteiga / Butter cookies

image

Esta receita de galletas de manteiga é moi sinxela, e ademáis resultaravos perfecta para decorar, tanto con fondant como con glasa. E se non queredes decoralas, dicirvos que o seu sabor é fantástico!

Se vos gustan máis torradiñas, deixádelas máis tempo no forno, e listo! E senón, simplemente teredes que sacalas cando os bordes collan unha lixeira cor dourada.

Se vos gustan cun toque de limón, de vainilla ou de laranxa, engadide unhas gotiñas na masa.

Nesta ocasión, fixen un pouco de todo: algunhas máis torradas, outras máis brancas, cun toque de vainilla, e decorei algunhas con fondant tinguido de cores alimentarios.

Para facelas, isto é o que precisamos:

image

– 110 de manteiga
– 60 gramos de azucre en po
– 140 gramos de fariña
– un pouquechiño sal
– esencia de vainilla (un botiño ou ben unha cullerada pequena)

Para decorar:

– fondant (pode ser caseiro, eu merqueino da marca Dr Oetker)
– colorante alimentario en xel

Utensilios: un bol, un coador, un batedor, un rolo, papel vexetal para o forno e cortapastas*.
Tempo de preparación: 15 minutos + 30 minutos na neveira
Tempo no forno: sobre 10 minutos
Dificultade: sinxelo

*Os cortapastas merqueinos en Ikea, un paquete de 6 por 3 euros.

Preparación paso a paso:

1. Comezamos batendo a manteiga co azucre en po tamizado, evitando así que haxa grumos. Batemos ata que a masa colla unha cor máis branca.

image

image

2. Engadimos a fariña, o sal, e a vainilla. Mesturamos co batedor ata que a masa estea espesa. Despois amasamos coas mans para rematar de integrar todo ben.

image

image

3. Formamos un boliño e metémolo entre dúas láminas de papel vexetal. Estirámolo co rolo ata que teña ao redor duns 5 mm de grosor. Metémolo na neveira durante máis ou menos media hora. (Non vos preocupedes se ao sacar a masa da neveira, está dura de máis, co calor do ambiente, abrandará de contado).

image

4. Agora só queda darlle forma ás nosas galletas coa axuda do cortapastas. Se non tendes, podedes facer formas coas tapas das botellas, con vasos, ou darlle forma coas mans.

image

5. Metémolas no forno durante uns 10 minutos, ou cando collan unha cor dourada polas beiras. Cando as saquemos do forno aínda estarán brandas, polo que deberemos deixalas na bandexa (fora do forno) uns 5 minutiños máis. Despois colócaas na grella do forno para que rematen de arrefriar.

image

6. En canto arrefrien, tede coidado porque en canto alguén lle meta o dente, non poderá deixar de comelas! Desaparecen! 😉

7. Decoramos! Corta un pouquiño de fondant e engádelle o colorante alimentario que desexes ata que teña o ton que busques. Despois, pon un pouco de azucre en po na mesa, e esténdeo co rolo.

image

8. Corta co cortapastas o fondant segundo a forma das galletas que queiras decorar. Bótalle un chisquiño de auga por detrás e ‘pégao’ na galleta. Listo!

image

image

image

9. Como vedes, unha receita sinxela, rápida e que podedes personalizar ao voso gusto!

image

_________________________________________

Butter cookies

image

This is a very easy butter cookies recipe and the cookies will be perfect to decorate either with fondant or with sugar icing. And if you prefer not decoratin them, don’t worry, they extremely delicious!

If you prefer them to be more crunchy, let them be in the oven for some more minutes, and if you prefer them smooth, let them be in the oven until the sides are a little bit brown.

You can add lemon, orange or vanilla essence to give them a special touch.

This time, I prepared them with vanilla essence, fondant with green food colouring and some crunchy ones.

To prepare these cookies, we need…

image

– 110 g butter
– 60 g powdered sugar
– 140 g plain flour
– a pinch of salt
– one teaspoon vanilla essence

To decorate them:

– fondant (it can be home-made, I bought a Dr Oetker one)
– paste food colourings

Utensils: a bowl, a sieve, a whisk, a rolling pin, grease proof paper and cookie cutters*.
Preparation time: 15 minutes + 30 minutes in the fridge
Baking time: around 10 minutes
Difficulty: easy

*I bought the cookie cutters in Ikea, a pack of 6 for 3 euros.

Step by step preparation:

1. Mix the butter and powdered sugar. Sieve the sugar to avoid having lumps. Mixit until it gets a more white colour.

image

image

2. Add the flour, the salt and the vanilla essence. Mix it with the whisk until it is thick. Then use your hands untill well combined.

image

image

3. Put the dough between two sheets of grease proof paper and roll the dough with the rolling pin until it is about 5 mm. Then, put it in the fridge for 30 minutes. (Don’t panic if it is too hard, it will soon become soft again when taking it out).

image

4. Now cut it with a cookie cutter. If you don’t have any, use a glass or give shape with your hands.

image

5. Bake them for around 10 minutes or until pale brown. They will now be soft, so leave them in the baking tray for 5 minutes more, until they are hard. Then, put them on the rack until cold.

image

6. As soon as they are cold, watch them! I’m sure they will disappear veeery soon! 😉

7. Let’s decorate! Cut a bit of fondant, dye it withe food colouring and mix it well. Put some powdered sugar on the table and roll it.

image

8. Cut the fondant using the cutter you need, wet it with sone water and ‘stick’ it over the cookie, and that’s it!

image

image

image

9. As you can see, it is easy, quick and you can personalize them as you like it!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *