Papabubble

image

Ola de novo a todos!!!

Hoxe quería falarvos dunha tenda de lambonadas desas que paga a pena ver, entrar e, por suposto, probar tooodo o que hai dentro!

Esta tenda tan larpeira é Papabubble, unha tenda de caramelos artesans, que está situada en: Carrer Ample, 28, Barcelona.

image

E que ten esta tenda de especial? Pois que os seus caramelos están boiiisimos! Son orixinais, variados e artesans, que máis se pode pedir? Se o caramelo é de amorodo, pois veredes un amorodo nel, ou o nome, ou case calquera cousa que se vos ocorra. Hai aneis, piruletas, botes pequenos, grandes, bolsiñas… De feito, ata se poden facer encargos con caramelos cos vosos nomes! Unha boa idea para un agasallo, non si?

image

O mellor desta tenda (por se aínda non vos convencín ;)) é que, ademáis de vendelos, tamén fabrican alí os caramelos, e non vos podedes imaxinar como se fan ata que o vedes. Unha masa xigante, de cores,que ademáis brila, que os traballadores amasan dun lado para outro como quen fai unha masa de empanada, ver para crer!

image

Non dubidedes en pasarvos por alí na vosa próxima visita a Barcelona! E se vos convertides en clientela habitual (como é o meu caso) mercade un tarriño de vidro cheo de caramelos, que poderedes rechear (reomplir) cada vez que queirades, e por un prezo máis económico!

E por se isto fora pouco, o persoal que anda pola tenda é marabilloso, e non quededes con cara de susto (como me pasou a min!) se nalgunha das vosas visitas vos agasallan cunha bolsa chea de caramelos así porque sí, pola cara, para celebrar…pois que era luns!

Ata pronto!

——————-

image

Hi everybody!!!

Today I’m writing to tell you about a very special shop which those who have a sweet tooth (like me!) must see, visit and, of course, taste all the delicious stuff you will find there!

This shop is Papabubble, a home-made sweets shop that you can find in, among other places, Carrer Ample, Barcelona.

image

And what is it that makes it different from other sweet shops? Their sweets are unbelievable! They are unique, home-made and varied, what else do we need? If you are looking for a strawberry candy, you’ll find one with a strawberry on it, or the name, or whatever your imagination asks for! There are big and small jars full of sweets, rings, lollipops… And if you’re looking for a unique gift for that special person, this is the place! Don’t hesitate in asking for personalised sweets with your names on it! Nice idea, huh?

image

But the best thing (if this wasn’t enough!), is that apart from selling sweets, they also make them there, and you cannot even imagine how sweets are made until you see it. A big and bright dough full of colours which is moved and mixed as if it were a pie dough! Hard to explain, and lovely to see!

image

So don’t hesitate in ‘tasting’ this shop in your next visit to Barcelona! And if you happen to become a regular client, buy a big crystal jar and refill it (reomplir) as many times as you want, and save some money!

Try it and you won’t be disappointed!

See you soon!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.