Pan de pita con ensalada e polo / Chicken salad Pita

Pan de pita con ensalada e polo

image

Aquí estou de novo cunha receita rápida, lixeira e que dá moi bo resultado! En principio, tiña pensado facela con ‘tortillas’ de millo ou trigo, pero como non as había na tenda, merquei pan de Pita. E a verdade é que foi un acerto! Imos ver que nos fai falla. Continue reading “Pan de pita con ensalada e polo / Chicken salad Pita”

Torta de queixo con Filipinos / Filipinos cheesecake

Torta de queixo con Filipinos

Cheesecake kukinhas

Seica hoxe é o día da Torta de queixo, non si? Non é mal día entón. Pois aí vai unha receita! Lixeira, moi doada e mmmm, deliciosa! Sabíades que a primeira Torta de queixo data da época dos gregos? E a torta máis grande do mundo, incluída no record Guinness, foi feita en México. Ándale!

Agora que xa aprendemos algo sobre as Tortas de queixo, toca poñerse coas mans na masa! Alá imos! Continue reading “Torta de queixo con Filipinos / Filipinos cheesecake”

Cabaciños recheos / Stuffed courgettes

Receita rápida: cabaciños recheos

image

Hoxe traio unha receita rápida, sinxela e cun produto de tempada: o cabaciño. Continue reading “Cabaciños recheos / Stuffed courgettes”

Cake Pops

Cakes pops

Cake pops-kukinhas

Esta receita, ademáis de ser a primeira receita que tiña pensado facer para este blogue dende o comezo, supuxo para min un reto importante, pois esta é a primeira vez que fago cake pops! E que dicir despois da experiencia? Pois que de seguro o proceso é bastante máis laborioso co do biscoito, pero o resultado é incrible! Os cake pops pódense personalizar de moitas maneiras, e espertan a parte creativa de cando eramos nenos que todos levamos dentro. De verdade vos digo, que vale a pena facelos, así que adiante!

Para atrevernos con estes cake pops, precisamos… Continue reading “Cake Pops”

Biscoito básico para cake pops

Biscoito básico para cake pops

IMG_5708

A receita deste biscoito resulta moi sinxela de facer e o resultado é excelente. A súa textura é exponxosa e o sabor suave. Ademáis, admite múltiples variacións, podendo engadirlle cacao, zume de laranxa ou de limón, nata… e practicamente todo o que se vos ocorra. E o máis importante! Resulta unha base deliciosa para os nosos cake pops, así que animádevos a facelo. Imós alá! Para facelo, precisaremos… Continue reading “Biscoito básico para cake pops”