Autor: kukinhas

cabaciña en vinagre

Cabaciñas en vinagre

Xa levamos uns cantos días de agosto e este ano aínda non fixera ningunha receita coas cabaciñas. Non podía ser! Vendo receitas, como de costume, dei con varias nas que empregaban as cabaciñas en vinagre a modo de opción vegana para os bocartes en vinagre.

bolachiñas de amorodo

Bolachiñas de amorodos e limón

Acender o forno estes días é case, case un acto heroico. Vai tanto calor, que só de pensar na mínima posibilidade de que a temperatura da casa aumente, xa dá arrepíos. Mais a horta é a miña debilidade e agora semella que o calor nos está a dar un descansiño. […]

Viaxe gastronómica – Porto

Xa facía unha chea de tempo que non facía un artigo de viaxes gastronómicas. O último foi no 2018, sobre Londres. E daquela facía un por ano. É un artigo que me gusta moito escribir, ainda que me leve tempo. Organizar viaxes é algo que sempre me gustou. Facer unha […]

pan de banana e chocolate

Pan de banana e chocolate

Hai biscoitos e biscoitos e o pan de banana é deses que sempre enchen o ollo. Ademais, agora que comeza a facer calor, as bananas maduran moito máis rápido. E cómpre ter pola man algunha receita para non ter que tiralas, que é unha mágoa. Así que esta receita de […]

bublanina

Bublanina de cereixas

Encántame esta receita de bublanina por moitas razóns. É unha lambetada moi sinxela de facer, basicamente mesturar e enfornar. Leva froita, que iso sempre me gusta. Faise na bandexa do forno, así que non hai que andar mercando moldes. E dá para moitos anacos, o que me gusta moito porque […]

mousse de auga e chocolate

Mousse de auga e chocolate

Non sabía moi ben que poñerlle de nome a esta espectacular mousse de auga e chocolate, mais así xa vos conto que estes dous son os únicos ingredientes que precisamos para preparala. Só chocolate e auga? Pois si. Sei que pode resultar raro, mais queda unha mousse moi cremosa, suave […]