Madalenas de torta de queixo / Cheesecake muffins

Magdalenas de torta de queixo

image

Esta receita é para aqueles aos que lles guste moito a torta de queixo. É unha receita sinxela e dá bastante bo resultado. Certo é que a pinta non é o seu punto forte, pero sonche ben sabedoras, que ao fin e ao cabo, é o que importa, non si? Pois como sempre vos digo: Imos aló!

Ingredientes:

image

Base de galletas:

– 40 gramos das vosas galletas preferidas
– 20 gramos de manteiga

Masa de queixo:

– 200 gramos de queixo crema
– 15 gramos de fariña
– 60 gramos de azucre moreno
– unha culleradiña de esencia de vainilla
– 1 ovo
– 1 iogur grego (125 ml)

Cantidade de magdalenas: 8
Utensilios: un bol, batedor, picadora, moldes para magdalenas.
Tempo de preparación: sobre 15 minutos
Tempo no forno: aprox. 25 minutos

Preparación paso a paso:

1. O primeiro paso é picar as galletas na picadora. Podedes empregar as galletas que máis vos gusten; eu, neste caso usei as de Dinosaurus (cantos recordos da infancia!)

image

2. Unha vez estean ben picadiñas, mesturámolas coa manteiga ben derretida.

image

3. Formamos unha base de galletas no fondo de cada molde de magdalenas.

image

4. Por outra banda, mesturamos o queixo crema, o azucre, a vainilla, o ovo e mailo iogur. Batemos todo ben co batedor ata que estea todo ben integrado.

image

5. Engadimos a fariña e mesturamos de novo. Neste paso, xa podemos poñer o forno a prequentar a 180º.

image

6. Enchemos cada molde de magdalena con esta mestura de queixo case ata arriba.

image

7. Deixámolo no forno durante aproximadamente 25 minutos. (Xa sabedes que o tempo pode variar segundo o forno de cada un, polo que o tempo é orientativo. Saberemos que xa están cando o escarvadentes cravado no medio da magdalena saia case limpo, con algún gromiño que outro)
Non vos preocupedes (como fixen eu…) se vedes que se rompen por riba ou que saen fora do molde, en canto as saquedes do calor, volverán ao rego! 😉

image

8. Cando xa estean listas, sacámolas do forno, e deixámolas arrefriar. Despois meterémolas no frigorífico durante, polo menos, dúas horiñas, para que asenten ben e non se nos rompan ao sacalas do molde. E listo! Ñaaaaaam!

________________________________________________

Cheesecake muffins

image

This recipe is the perfect one for those cheesecake lovers. It’s really easy to prepare and the result is pretty good. It is true that the aspect is not its strongest poits, but they’re veeery tasty, and that’s definitely what matters the most, isn’t it? So, as I always say: Let’s go!

Ingredients:

image

Cookies base:

– 40 gr your favourite cookies
– 20 gr butter

Cheesecake:

– 200 gr cream cheese
– 15 gr all-purpose flour
– 60 gr brown sugar
– 1 teaspoon vanilla essence
– 1 egg
– 1 Greek yoghurt (125 ml)

Number of muffins: 8
Utensils: a bowl, whisk, food processor and muffin moulds.
Preparation time: around 15 minutes
Baking time: c. 25 minutes

Step by step preparation:

1. The first thing to do is to process the cookies with a food processor. You can use your favourite cookies, in this case, I used Dinosaurus (one of my favourites when I was a child)

image

2. Once the cookies are ready, mix them with the melted butter.

image

3. Form a cookie base over every muffin base / paper / tin.

image

4. On the other hand, mix the cream cheese, sugar, vanilla essence, egg and the Greek yoghurt. Whisk it well until integrated.

image

5. Add the flour and mix again. We can now preheat the oven at a temperature of 180ºC / 350ºF.

image

6. Add this cheese mixture over the cookie base almost to the top.

image

7. Let it bake for around 25 minutes. (You know the time may vary depending on the oven, so we will know the muffins are ready when a toothpick inserted in the middle comes out with some crumbs attached to it).
Don’t panic! (As I did) if you see your muffins growing out of the mould or cracking a bit on the top, they will recover their natural form when taken out of the oven! 😉

image

8. When the muffins are ready, take them out and let them cool. Then, put them in the fridge for, at least, 2 hours, for them to be perfect when out of the mould. And that’s it! Yummy!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.