Lemon Posset

Se andades a mirar receitas por Instagram estes días, de seguro que esta foi unha das que vistes si ou si. Estes lemon posset, ou limóns recheos de crema de limón, andan por todas partes. E a verdade é que, cando os probas, entendes ben por que. A receita non pode ser máis doada. Os ingredientes ben sinxelos e o sabor, espectacular!

lemon posset

Teñen unha textura moi suave e cremosa. Non se tarda nadiña en facelos e o sabor é moi intenso a limón, mais co seu punto doce, claro. Para min, queda nun perfecto equilibrio entre doce e acedo. O limoeiro que teño na casa andaba pedindo a berros que fixera algo con eses fermosos limóns. E xa que me saía tanto a receita, eu non ía ser menos a probala. E si, recoméndoa 100%! De feito, vai ser unha lambetada que volva facer de seguro.

lemon posset

Ingredientes

  • 3 limóns

  • 30 gramos de zume de limón

  • 200 ml de nata

  • 70 gramos de eritritol ou azucre

  • reladura dun limón

  • azucre en po

Preparación

  • Lavamos e secamos os limóns. Abrímolos pola metade, sacámoslles a polpa e agardamos as metades para despois.lemon possetlemon posset
  • Cunha culler (ou coa man) e máis un coador sacamos todo o zume da polpa e apartamos uns 30 gramos. (os outros podémolos gardar oara facer limonada ou outras receitas).lemon possetlemon posset
  • Poñemos a quentar nunha pota ou tixola a nata, o eritritol ou azucre e a reladura do limón ata que vaia espesando lixeiramente (uns 4 minutos) mais sen chegar a ferver.lemon posset
  • Apagamos o lume e engadimos o zume de limón. Veremos que a mestura queda máis espesa.lemon posset
  • Coamos todo para sacar as raspas do limón e botámolos nas metades dos limóns que cortamos anteriormente.lemon possetlemon posset
  • Deixamos que arrefríe na neveira durante 2 horas ou ata que vexades que xa ficou ben cremoso.

Non hai por que facer o lemon posset no limón. Se preferides, podedes facela en calquera outro molde. Aínda que o certo é que no limón quedan ben chulos e non hai despois que andar fregando máis louza! Son unha sobremesa moi fresca e senta moi ben despois dunha boa paparota. E sobre todo, estes días que vai caloriña. Co zume de limón que sobra, podedes facer unha limonada ben fresquiña para estes días solleiros.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.