Alcachofas ao microondas

Hoxe, 16 de marzo, festéxase o DÍA DA ALCACHOFA. E eu teño a sorte de ter moi perto a alguén que as coñece ben. Tanto para saber se están no seu punto óptimo como para cociñalas. Unha boa alcachofa ten que estar ben pechada e dura. Coas follas ben pegadiñas. E o seu talo, firme. Neste blogue xa as fixemos en chulas e tamén preparamos uns chips de alcachofa. Calquera das dúas receitas está espectacular, mais non podemos negar que se precisa un chisco de tempo para preparalas.

alcachofas ao microondas

Hoxe tráiovos unha receita para poder degustar as alcachofas ao microondas, en só 15 minutos e cunha preparación moi sinxela. E o mellor de todo é que están boísimas. E por se isto vos parecese pouco, é unha receita perfecta para todas as persoas, e ademais, saudábeis. Teno todo, seino!

alcachofas ao microondas

E aínda lle engado outra vantaxe. É un pracer comer a carniña esa que teñen as follas da alcachofa por abaixo. Que non só o corazón está bo 😉 Xa o veredes!

alcachofas ao microondas

Ingredientes

  • Alcachofas

  • Sal

  • Pementa negra

  • Aceite de oliva

Preparación

  • Aquí vos deixo unha imaxe de como teñen que ser as alcachofas. Duras e apretadas. alcachofas ao microondas
  • Sacámoslles o talo xunto con algunhas das folliñas pequenas do final, como vedes na imaxe.alcachofas ao microondasalcachofas ao microondas
  • Collemos a alcachofa cunha man, dámoslle a volta e golpeámola con coidado contra unha superficie unhas 2 ou 3 veces, para que se abra lixeiramente. Deixo o vídeo máis abaixo, para que se vexa.
  • Poñámolas sobre un prato apto para lavalouza e botamos sal, pementa e un bo chorro de aceite en cada alcachofa. alcachofas ao microondas
  • Agora só temos que deixalas cociñar no microondas sen tapar durante 15 minutos a 800W de potencia.alcachofas ao microondas

VÍDEO DA ALCACHOFA

E xa teriamos as nosas alcachofas ao microondas preparadas. É importante ter en que conta que se son moi grandes, pode que precisen uns minutos máis. Todo é probar. Non vos fiedes moito da pinta, porque pode ser que vos pareza que aínda están duras, e non o están. O que pasa é que as follas exteriores tenden a quedar máis duras. Mais as de dentro e o corazón han estar ben tenros.

alcachofas ao microondas

As follas sairán con facilidade, tirando un pouquiño. Moito coidado que saen moi quentes. Non vos queimedes. E bo proveito!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.