Periquitos de Ordes de Mª Carmen

É incríbel a cantidade de lambetadas típicas de Entroido que temos na Galiza. E as que nos quedan por aprender! Porque eu cada ano vou aprendendo algunha nova. E sempre penso, por que non sabería eu esta receita antes? E pénsoo porque non me gustaría que se perdera ningunha delas. E isto foi precisamente o que me pasou o ano pasado con esta receita.

periquitos de Ordes

De súpeto, atopeime con que en Ordes, polo Antroido, son típicos estes periquitos e resulta que a min non me soaban de nada. E non vivo tan lonxe. A cuestión era agora atopar unha receita, xa que aquí non podía contar con receitas familiares. Recordo preguntar nas redes e non atopar ningún resultado.

periquitos de Ordes

Ata que un día, mirando Twitter, sorprendeume ver que alguén falaba dos periquitos de Ordes. Aí estaba a miña oportunidade de falarlle ao mundo desta receita e non deixala perder. E é grazas a Serxio, e, especialmente a súa nai, Mª Carmen, que hoxe podo contarvos como se fan os periquitos de Ordes. GRAZAS! Eu déixovos a receita orixinal e engado a cantidade de fariña que empreguei eu. Imos aló!

periquitos de Ordes

Ingredientes

  • 3 ovos

  • 1/2 vaso de aceite

  • 2 culleres de azucre por ovo

  • 1 culler de Royal

  • Riscas de pel de limón/mandarina

  • 1/2 vaso de anís e esencia

  • 600 gramos de fariña

  • Azucre en po (opcional)

Preparación

  • Mesturar tódolos ingredientes agás a fariña.periquitos de Ordes
  • Engadir máis ou menos 1 quilo de fariña (no meu caso, 600 gramos). Amasar e formar un bóliño.periquitos de Ordes
  • Deixamos repousar a masa 30 minutos.periquitos de Ordes
  • Facer os periquitos coa forma que se queira (nós ou paus alongados).periquitos de Ordesperiquitos de Ordes
  • Fritir a poucos a lume medio, movendo os periquitos na tixola.periquitos de Ordes
  • Botamos azucre en po por riba… Ou non. Están boísimos das dúas maneiras.periquitos de Ordesperiquitos de Ordes

Como vedes, é unha receita moi sinxela e rápida. Non vos podo dicir cantos periquitos saen porque non os puiden contar, pero moitos! Mais non vos fagades problema porque están tan bos, que habedes dar boa conta deles. Se aínda así, vos parece moita cantidade, sempre podedes conxelar a masa, e facelos calquera outro día. O seu sabor é delicioso. O toque a limón/mandarina e anís é espectacular e a súa textura entre crocante e suave, fará que non poidades comer só un. Estes periquitos de Ordes de Mª Carmen son unha auténtica delícia.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.