Quiche de estrugas

Con isto das estrugas hai moitos prexuízos. Evidentemente todos veñen porque se te achegas a elas, de seguro as recordas, e non por cousa boa. E é que raro é quen nunca se picou con elas indo polo campo. De feito, o seu nome vén precisamente diso, da urticaria que provocan. Agora ben, hai que dicir tamén que teñen un alto valor nutritivo e son boas para moitas cousas. Ademais das súas propiedades medicinais. E todo iso, nunha sinxela quiche de estrugas.

quiche de estrugas

E si, con elas tamén se poden facer receitas moi sabedeiras. A min gústame moito o seu sabor e a súa textura suave. Coido que a única desvantaxe para a súa degustación é apañalas. Para facelo, déixovos uns cantos consellos:

  • sempre con luvas de goma
  • mellor na primavera, mais pódense coller en calquera época do ano
  • botalas nunha bolsa de tea
  • apañar só as 5 ou 6 primeiras follas, pois estarán máis tenras
  • desbotar os talos e quedar só coas follas
quiche de estrugas

Cómpre escaldalas sempre antes de empregalas, pois é a única maneira que temos de estar seguras de que non picarán. Polo demais, pódense preparar de moitas maneiras. Eu fixen esta quiche de estrugas  que a verdade é que está espectacular. Foi louvada por todos os comensais, polo que o seu éxito está garantido. 

quiche de estrugas

Ingredientes

  • Ingredientes para a masa brisa
  • 250 gramos de fariña triga

  • 125 gramos de manteiga fría

  • 5 gramos de sal

  • 80 gramos de auga ben fría

  • Legumes para enfornar

  • Ingredientes para o recheo
  • 100 gramos de estrugas (só as follas) 

  • 100 gramos de  queixo de Bama

  • 100 gramos de leite

  • 3 ovos

  • 250 gramos de shiitake

  • 1 cebola pequena

  • Queixo Galmesán picado ou relado ao gusto

preparación

  • Preparamos a masa: Mesturamos a fariña, a manteiga e o sal coas mans ata que quede cunha textura areosa. quiche de estrugas
  • Engadimos a auga ben fría e mesturamos ata formar unha bóla. Non hai que amasar de máis. En canto una, xa está. quiche de estrugas
  • Poñemos a bóla de masa envolta na neveira durante, mínimo, 15 minutos. 
  • Preparamos a quiche:  Lavamos os shiitakes, cortámolos en tiras e fritímolos nunha cullerada de manteiga. Salgamos e reservamos. Fritimos tamén a cebola nun pouco aceite e reservamos. (Tamén podemos fritir a cebola cos shiitakes. Eu fíxeno por separado porque como ía facendo a receita segundo ía vendo como quedaba, boteina despois). quiche de estrugas
  • Sacamos as follas das estrugas. (Sempre coas luvas e moito coidado. Collendo as follas máis grandes e fermosas, e deixando os talos e as follas pochas ou moi pequenas. Para os 100 gramos, precisei unha bolsa de tea ben chea)quiche de estrugas
  • Pasámoslles unha auga por se houbera algún becho ou morriñada.quiche de estrugas
  • Cocémolas en auga fervendo durante 10 minutos. Despois botámoslle auga fría e reservamos. quiche de estrugas
  • Batemos os ovos e mesturamos co leite. quiche de estrugas
  • Engadimos os shiitakes e as estrugas reservadas. quiche de estrugas
  • E tamén o queixo de Bama (ou calquera outro queixo cremoso) cortado en anacos, e o Galmesán relado ou picado. quiche de estrugas
  • Amasamos a masa que tiñamos na neveira co rolo ata deixala finiña e que nos cubra a base do noso molde (23 cm). Farémolo sobre un anaco de papel de enfornar. quiche de estrugas
  • Picamos a masa co garfo para que non suba. quiche de estrugas
  • E tapamos con outro papel de enfornar. Botamos as legumes e enfornamos 180ºC durante uns 20 minutos. quiche de estrugas
  • Sacamos a masa do forno e engadimos o recheo da quiche. quiche de estrugas
  •  Enfornamos a 180ºC durante outros 20 minutos. quiche de estrugas

Podedes, por suposto, empregar unha masa brisa xa mercada. Mais asegúrovos que esta receita é moi sinxela e rápida, e o resultado non ten nada que ver! En canto ao recheo, podedes variar os ingredientes segundo a tempada ou o voso gusto. Xa sabedes que nestas cousas o mellor é probar e degustar ata dar coa que máis vos guste. Iso si, esta está boísima!!! E se aínda estades a dubidar de se probar as estrugas ou non, eu digo SI!!! 

2 Comments

  1. Estudando en Compostela, un día de primavera baixamos a dar unhas patadas a un balón os meus compañeiros de piso e mais eu. Eramos de Viveiro, A Peroxa, Montrove e A Coruña. Nunha pelexa por un balón, este caeu no medio das estrugas, facéndonos parar de súpeto ao chegarmos a elas. O da Coruña preguntou por que ficamos quedos e seguíu adiante para coller a pelota, comezando a dar saltiños mentras berraba “¡esto pica!”. Non acreditaba…

    Por deixar ideas, acho que poderían funcionar ben como substitución das beldroegas no sopa alentejana.

    • De seguro que desde aquela non se esqueceu máis! Todo é cuestión de probar, eu coido que ha haber moitas receitas que lle quedan ben. Hei seguir probando 🙂

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.