Rodaballo ao forno

Hai peixes que dá gusto cociñalos porque son moi agradecidos e sempre prestan. Para min un deles é o rodaballo. Encántame o seu sabor, a súa textura e o sinxelo que é de comer sen complicarte moito coas espiñas. Sábeme ben de calquera xeito, mais recoñezo que o rodaballo ao forno dá pouco choio e queda realmente ben. 

rodaballo ao forno

O máis importante é non facelo de máis para que non quede seco, polo que cómpre respectar os tempos e, por suposto, deixalo ao voso gusto. Para acompañalo, unhas pataquiñas e un pouco de cebola. Non precisa moito máis, pois o seu sabor xa é de por si moi bo. Hai quen o enforna coa cabeza e quen non, iso xa depende de como o queirades.

rodaballo ao forno

A min gústame máis enfornalo enteiro, aínda que lle cortei o rabecho porque non me cabía na tarteira. O importante é que estea limpo e sen as tripas. 

Ingredientes para 4 persoas

  • 1 cebola grande

  • 4 patacas

  • 1 rodaballo xeitoso

  • Un pouco de pirixel fresco

  • 3 allos

  • 1/2 vaso de viño branco

  • aceite, sal e pementa

preparación

  • Comezamos cortando a cebola e as patacas en rodelas finas. Poñemos o forno a quentar a 180ºC.
  • Fritímolas un chisco sen que cheguen a estar feitas de todo e cubrimos a base da tarteira coas cebolas…rodaballo ao forno
  • e as patacas.rodaballo ao forno
  • Facemos uns cortes no rodaballo xa limpo para despois poder repartilo con facilidade e para que o condimento entre ben e poñémolo sobre as patacas.rodaballo ao forno
  • Untamos de aceite o rodaballo e botámoslle sal e pementa.
  • Picamos os allos e o pirixel moi finiños.rodaballo ao forno
  • Botámolo no medio vaso de viño e esparexémolo por todo o rodaballo procurando que quede ben metidiño polos cortes que fixemos.rodaballo ao forno
  • Tapamos a tarteira coa tapa (se ten) ou con papel de aluminio e enfornamos a 180ºC durante 20 minutos.rodaballo ao forno
  • Destapamos e deixamos que se faga outros 15-20 minutos.

E xa teriamos o noso rodaballo preparado para ser degustado. Xa vedes que a receita non ten ciencia ningunha e resulta unha opción lixeira, rápida e sabedeira para calquera ocasión. Tamén se lle poden engadir verduriñas coas patacas ou facelo con outros acompañamentos. Sexa como for, este rodaballo é exito asegurado!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.