Pumpkin Spice Latte – café con leite especiado con cabaza

Despois de facer as bolachas de cabaza e chocolate, aínda me sobraba algo de puré de cabaza. Así que despois de velo por todas partes, por fin me atrevín a preparar o Pumpkin Spice Latte. Non sei a vós, mais eu que ando a mirar receitas todo o día, sei que en canto comeza o outono, agroman centos de receitas desta bebida. Teño que confesar, antes de nada, que non probara antes este café con leite con especias e cabaza. O primeiro e único que probei foi o que fixen eu.

E postos xa a confesarse, tamén teño que recoñecer me gustou moito, moito, moito o sabor do pumpkin spice latte! E non só a min, que son lambona e raro é que algo non me guste 🙂 O certo é que a combinación de cabaza, especias e café é todo un acerto e así quentiño entra moi ben nestes días de frío e choiva do outono. Polo demais, pouca ciencia ten, mesturar e degustar.

Ingredientes para 4 persoas

  • 1 litro de leite

  • 4 culleradas de puré de cabaza

  • 4 ou 5 culleradas de azucre branco

  • 2 culleradas de esencia de vainilla

  • Especias: 2 culleradas de canela, 1 de xenxibre, 1/2 de cravo moído e un belisco de noz moscada

  • 4 cafés espressos

  • Nata montada con azucre

  • Canela para decorar

preparación

  • Nun cazo, mesturamos o leite, o puré, o azucre e as especias. Quentamos todo e imos remexendo para integrar todo ben, sen que chegue a ferver.pumpkin spice latte
  • Cando xa estea ben quente, engadimos o café e mesturamos.pumpkin spice latte
  • Pasamos todo por un coador, enchemos 4 cuncas e decoramos coa nata montada e un chisco de canela.

Eu boteille 5 culleradas de azucre e gustoume moito como quedou. Se non o queredes tan doce, sempre podedes engadir menos e ir probando. Iso xa a gustos. As especias quedan moi suaves e sabedeiras. Dígovos o mesmo que co azucre, o mellor é probar e engadir máis ou menos segundo vos saiba mellor. O da nata montada é opcional, mais quédalle moi ben.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.