Flan de caqui

Esta flan de caqui que vos traio é unha desas receitas que non sabes moi ben se sairá, porque un flan con só dous ingredientes, nada de azucre e que se fai tan axiña… Semella que realmente non vai saír nin saber ben. Mais este flan estavos ben bo.

flan de caqui

Aínda que non leva azucre, sabe moi ben pois o caqui xa lle dá a dozura que precisa. A súa textura é espectacular, semella mentira que quede así. O truco é que os caquis estean moi, moi maduros, para que a mestura calle ben e quede unha textura de flan perfecta. E polo demais, non teñen ciencia ninguna, mesturar, arrefriar e papar. Nada máis. Se os queredes máis larpeiros, sempre podedes engadir azucre (mais non precisa) ou botarlle un pouco de chocolate ou nata montada por riba. Para unha decoración máis saudábel, uns froitos vermellos ou secos.

Ingredientes

  • 2 caquis moi, moi maduros

  • 1 cullerada (15 gramos aprox) de cacao puro

Preparación

  • Mesturamos todo nunha picadora, co batedor eléctrico ou nun procesador de alimentos.flan de caqui
  • E batemos ata que estea todo ben mesturado. flan de caqui
  • Botamos nuns moldes para flan. flan de caqui
  • Deixamos arrefriar na neveira durante unhas horiñas ou ata que vexades que xa se sacan ben do molde.flan de caqui

E xa está! A verdade é que queda moi ben calladiño, cunha textura igual que á de calquera flan. Ademais, é vegano e non leva glute! Agora só queda comelo ou decoralo con algo e papalo! Nin ten máis ciencia nin máis elaboración. Agardo que vos guste a receita e aproveitedes eses caquis, que xa vin polas redes, que este está a ser un bo ano 🙂

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.