Arancini

Estas pequenas bolas de arroz con queixo son típicas da cociña siciliana. Eu fixen a versión máis rápida, a que en Italia se coñece como arancini de risotto avanzato, que non quere dicir outra cousa que arancini feitos coas sobras do risotto. Raro é que sobre risotto, ou polo menos así pasa na miña casa. Mais todo ten unha sinxela solución: facer un chisco máis de risotto para que sobre e poder facer estas saborosas bólas de arroz.

arancini

E así fixemos con este risotto verde, por iso teñen esa cor por dentro, non é efecto da foto. Aínda que tamén vos digo que non cómpre que vos queden sobras, pois pódese facer arroz especificamente para os arancini. Para enchelos, hai tamén varias opcións. Eu quedo coa de queixo porque queda moi cremoso e o queixo sempre presta. Iso si, tamén podemos atopar carne ou chícharos como recheo dos arancini.

arancini

Ingredientes

  • sobras de risotto

  • bólas de mozzarella

  • fariña, ovos e pan relado para empanar

preparación

  • Collemos porcións de 30 gramos de arroz e aplanámolo sobre a man.
  • Poñemos a bóla de mozzarella no medio.arancini
  • E pechamos, dándolle forma de bóla.arancini
  • Pasamos cada bola por fariña, ovo e pan relado. arancini
  • Fritimos ata que fiquen crocantes e douradas por fóra.arancini

E non ten moito máis! Xa vedes que é un prato quen ten moi pouca dificultade. A textura é crocante por fóra e moi cremosa por dentro, grazas á mozzarella. Así que para a próxima, xa sabedes, cando esteades a preparar o risotto, botade un pouco máis de arroz para ter sobras e poder facer estas boliñas de arroz recheas, que estou segura de que han gustar a todo o mundo.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.