Crespèths ou Pescajons

Hai uns anos xa, tiven a sorte de poder visitar un lugar tan fermoso como é o Val d’Aran. Gustoume moito a tranquilidade que alí se respira, o ben que comín e a xente que atopei, pois sentinme coma na casa. Creo que foi un dos primeiros roteiros pola montaña que fixen co pequeno no canguro. E recordo como unha muller, que xa viña de volta, me chamou valente cando me viu camiñando co cativo. Uns pasos mais adiante entendín por que 🙂 Non era sinxelo, mais gustoume de principio a fin e voltaría repetilo sen dúbida.

Crespèths

Alí quedamos a durmir nun B&B en Casau, onde nos sentimos os 3 moi a gusto. Un almorzo e unha cea espectaculares e unha paz… necesaria. Recordo que unha tarde, antes de cear, sentamos un chisco a falar coa familia, que estaba a preparar un churrasco e falando de todo un pouco, e vendo que ía chover, comentou o señor da casa que o Val d’Aran e Galiza teñen un clima moi semellante. É que se chovía na Galiza, chovía no Val. A min pareceume moi curioso, e, aínda que non puiden facer moita comprobación, durante eses 3 días, o clima coincidiu 🙂

Crespèths

Estando alí, puxen unha imaxe no Twitter e alguén, que agora non recordo, recomendoume mercar un libro de cociña con receitas típicas do Val e escrito en aranés. Tiña que ser meu. Así que alá fun, á libraría que el me dixo, e merqueino. E non foi ata hoxe que probei unha receita dese pequeno libro. E como non podía ser doutro xeito, tiña que ser unha lambetada.Como no libro están en aranés, catalán, e castelán, eu poñereivos a receita destes crespèths en galego e en aranés.

Crespèths

Eu puxen os crespèths así envoltiños porque así é como se ven na imaxe do libro, mais non sei se é típico poñelos así ou non. O caso é que o seu sabor sorprendeume para moi ben. O anís dálle un toque especial e son máis suaves que as filloas ou as crepes. Eu dividín a receita entre 4 porque na receita pon que saen uns 140 e lambona son, mais non tanto. En aranès, déixovos a receita tal e como sae no libro, para as 140, por se alguén se atreve, ou ten moita xente disposta a larpeirear.

Ingredientes Para 20 crespèths

  • 750 ml de leite

  • 250 gramos de fariña

  • 1 culleradiña de sal

  • 3 ovos ben batidos

  • 60 gramos de anís

Preparación

  • Nun bol, mestúranse os ovos, a fariña, o anís e o sal.
  • Pouco a pouco vaise engadindo o leite ata obter unha masa bastante líquida.Crespèths
  • Úntase unha tixola con manteiga e cando estea ben quente, bótase masa cun cullerón. Despois baixase o lume e deixase dourar o crespèth por un lado. Crespèths
  • E despois dámoslle a volta para que se doure polo outro. Eu na cociña de indución, tiña o lume ao 6, a lume medio.Crespèths
  • Ao sacalo da tixola, polvíllase con azucre, enrólase e listo!Crespèths

Como xa vos dixen, non sei se é tradición enrolar os crespèths ou non. Facendo unha busca en Google vin que hai máis versión enroladas, polo que debe ser que algo diso hai. O que si é certo é que quedan máis suaves e cremosos durante máis tempo pois conservan mellor a humidade, e non se secan tanto, polo que eu anímovos a deixalos así. A min gústame moito como lle queda o anís, mais polo que vin na receita orixinal, despois no paso a paso non sae. Eu púxeno na masa e quédalle de vicio.

Crespèths ou Pescajons

Recipe by KukinhasCourse: LambetadaCuisine: Val d’AranDifficulty: Sinxelo

En Naut Aran se diden Pescajons.

Ingredients

  • 3 l de lèit naturau

  • 1 quilò de haria

  • 1 culherada sopèra de sau

  • 12 ueus ben batudi

  • 250 gr de rom, anís o conhac

ELABORACIÓN

  • Se barregen en un bol es ueus, era haria e eth shinhau de sau.
  • Pòga pòc se hig era lèit enquia obtier ua crèma pro liquida.
  • En una padena se unte boder.
  • Quan ei ben caud se i tire era pasta mesurada en una lòsa entà sopa.
  • Se baishe era hlama; se dauren eth crespèt e se li da eth torn.
  • Un viatge fregit se i met eth sucre.
  • Coma nos remèrque José Maria “fin finau se compdauen eth nombre de pèces artenhudes, mès o mens, ues 140, totes aptes ena sua presentacion e, sustot…de mon minjar”.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.