Bica de castañas / Chestnuts Bica

Se vos digo a verdade, levo coa fariña de castañas mercada na casa desde o verán. E si, merqueina xa para facer esta receita de bica de castañas, mais tiña que agardar a que fora época de entroido para poñerme en situación e poder ensinarvos a receita.

bica de castañas

E como este blogue tamén me serve como terapia, sigo coas miñas confesións, e é que non tiña nin idea de como ía ser o resultado final, ou se me ía gustar. Nunca antes preparara lambetada algunha coa fariña de castañas e non sabía moi ben como ía ir a cousa coas cantidades. Mais se hai algo que me gusta cando cociño é probar. Iso si, non me aquela nada que as probas non me saian ben, mais desta vez houbo sorte. O resultado é unha bica de castañas moi larpeira, coa típica textura esponxosa e húmida da bica. E o mellor de todo, cun sabor a castaña que aínda a fai máis apetecíbel.

bica de castañas

Non pretendo convencervos moito porque xa sei que as bicas non precisan de moita publicidade para seren un éxito total. As bicas e, en xeral, tódalas lambonadas do Entroido. Para que a bica teña pinta de bica precisamos ter en conta dúas cousas sinxelas mais moi importantes. Primeira, forrar o molde con papel de forno e segunda, esparexer azucre por riba da masa antes de metela no forno para que a parte superior fique crocante. O demais, case case é todo bater e enfornar. Unha receita rápida, sabedeira e sinxela, das que a min me gustan.

Déixovos ao final o vídeo da receita que gravei para poñer no TikTok.

receita

Comensais

10 comensais

Tempo de preparación

10 minutos

Tempo de enfornado

45 minutos

Calorías

As xustas

Ingredients

  • 9 claras de ovo

  • 400 gramos de azucre*

  • 210 gramos de fariña de castañas

  • 150 gramos de fariña triga

  • 350 gramos de crema para montar

  • azucre para esparexer

*Nesta receita, eu empreguei 430 gramos de azucre, mais a fariña de castañas dálle un toque doce que non lle dan as outras, polo que penso que uns 400 hanlle chegar ben. Iso si, xa sabedes que estas cousas de doce son moi de gustos, polo que o mellor de todo é probar ata dar coa versión que a vós máis vos encha o ollo, e o padal. 

Preparación

  • Montamos a nata e reservamos. Poñemos o forno a quentar a 180ºC.bica de castañas
  • Batemos as claras a punto de neve xunto co azucre.bica de castañas
  • E engadimos a fariña de castañas e mais a fariña triga, mesturando todo con moito coidado.bica de castañas
  • Botamos a nata montada e mesturamos con movementos envolventes para que fique ben cremoso. bica de castañas
  • Forramos un molde rectangular de 30 x 18 con papel de forno, botamos a masa da bica e esparexemos o azucre.bica de castañas
  • Enfornamos durante uns 45 minutos a 180ºC ou ata que un escarvadentes cravado no centro saia limpo.bica de castañas

Se non sodes quen de comela toda e tedes medo de que remate por secarse, podedes conxelala. Aguanta moi ben e despois de conxelala, non se lle nota nadiña. Aínda que habendo larpeiros pola casa, non ha haber problemas dese tipo 😉

Bica de castañas / Chestnuts Bica

Recipe by KukinhasCourse: DessertCuisine: GalicianDifficulty: Easy
Servings

10

servings
Prep time

10

minutes
Cooking time

45

minutes

One of the best traditional recipes we can taste to celebrate Galician Carnival, made with chestnuts flour and lots of love and sugar 🙂

Ingredients

  • 9 egg whites

  • 400 grams of sugar

  • 210 grams chestnuts flour

  • 150 grams plain flour

  • 350 grams of whipping cream

  • sugar to top

Directions

  • Whip cream and keep for later. Prehat oven at 180ºC. bica de castañas
  • Whisk egg whites until fluffy and form stiff peaks, add in sugar and beat. bica de castañas
  • Add in the flours and mix carefully until fully integrated.bica de castañas
  • Mix in whipped cream very carefully and with round movements.bica de castañas
  • Cover a rectangular mold of 30 x 18 with parchment paper and top with sugar.bica de castañas
  • Bake for 45 minutes at 180ºC or until a toothpick inserted in the middle comes out clean.

2 Comments

  1. María Luisa Mazaira

    Boísimo todo.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.