Tempurá de flores / Tempura zucchini flowers

Tempurá de flores

Si, xa o sei, outra receita de flores de cabaciña, pero é que claro, chego á horta e véxoas alí, case vos diría ollando para min, e non me podo resistir, para que vos vou enganar. E claro, xa sei tamén que podería facer a receita sen rompérvolo sentido poñéndoa aquí, mais o que pasa é que como me saben tan ben, non podo deixar de ensinarvos a receita para non ser a única que pasa o día papando estas flores. Das outras dúas veces que as fixen con recheo, fíxenas empanadas en fariña, ovo e pan relado, mais desta vez pensei que sería moito máis rápido facelas en tempurá, pois acábase moito antes e xa sabedes que eu son moito de non enredar de máis na cociña e que o resultado sexa estupendo. Sen máis historias, imos aló!

Ingredientes

  • 12 flores de cabaciña
  • queixo
  • xamón serrano
  • fariña triga
  • auga moi fría ou auga con burbullas
  • sal

Preparación

  1. Preparamos as flores, lavándoas ben e sacándolles o pistilo.
  2. Cortamos o xamón e o queixo en anacos e metémolos dentro da flor.
  3. Preparamos a tempurá coa auga ben fría (eu bótolle xeos xunto coa auga fría, para que manteña a temperatura) ou ben tamén se pode empregar auga con burbullas. As cantidades xa as ides vendo vós, a textura ten que quedar como a das chulas ou o amoado de filloas.
  4. Mollamos cada flor na tempurá e fritimos en abundante aceite de oliva ben quente ata que fiquen lixeiramente douradas por todo. E listo!

O mellor é comelas quentiñas, pois estará o queixo desfeito e iso é un manxar! A verdade é que isto de facer receitas coas flores é todo un acerto, e ata o de agora, tódalas receitas que probei con elas foron todo un éxito. Aproveito para dicirvos que á hora de collelas, é mellor coller as flores macho, pois así asegurámonos de non danar á futura cabaciña. E como distinguilas? Moi sinxelo! As flores macho saen dunha ramiña que sae directamente do ‘tronco’ central da planta da cabaciña. Pola contra, as femias saen do ‘tronco’ central e adoita verse xa a cabaciña pegada a elas. Eu confeso que collo as dúas, sempre con moito tino e cando xa se ve a cabaciña asomando. Bo proveito!

_____________________________________________________________

Tempura zucchini flowers

Yes, I know, another zucchini flowers recipe, but as soon as I get to the garden and I see them so beautiful and fresh, I cannot resist it and I pick all of them to prepare a new recipe. I know as well that I could just prepare the recipe and forget about posting it, but as I love the result, all I want to do is tell you about it so you can prepare it as well! The other recipes I made, I used flour, egg and breadcrumbs to coat the flours, so this time I decided to prepare a tempura because I find it easier, quicker and as delicious!

Ingredientes

  • 12 zucchini flowers
  • cheese
  • serrano ham
  • plain flour
  • very cold water or soda water
  • salt

Directions

  1. Wash flowers and remove pistil.
  2. Cut cheese and ham and fill each flower.
  3. Mix cold or soda water and flour until you get a pancake texture.
  4. Dip each flower and deep fry in plenty of olive oil until lightly brown. And that’s it!

It’ s best if you have them hot as cheese will be deliciously melted. I don’t know how this cooking flowers started but I am becoming a really huge fan. I love each and every recipe and even though they are different, you will enjoy all of them. When picking the flowers, it is better if you pick the male ones. I pick both, actually, but be very careful not to break the zucchini! ENJOY!!!

2 Comments

  1. Rodrigo Varela

    Fan total das flores. Probeinas por primeira vez hai moitos anos, cando unha amiga mexicana trouxo a casa un pastel azteca que preparara a súa nai. Era unha especie de lasaña feita con camadas de tortillas de millo, crema mexicana e un mollo feito de tomate, cebola, chiles, cabaciñas e mailas súas flores. Deberías probala.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.