Chulas de flores de cabaciña / Sweet zucchini flowers

Chulas de flores de cabaciña

Unha das cousas que máis me gustan de estar na casa, na miña casa de sempre, é poder ir á horta que teñen os meus pais. Gústame porque me relaxa pasear polo campo, respirar aire de verdade, e porque no medio da horta é onde mellor atopo inspiración para cociñar. Podo ver todos e cada un dos ingredientes moi de perto, miralos, tocalos, e namorar un pouco da beleza de ver medrar e madurar froitas e verduras.

Onte puiden ir de novo despois de case un ano, e foi ver as flores de cabaciña e poñerme a apañalas decontado. Xa as probara con diferentes recheos, de queixo e de champiñóns, polo que desta vez quería facelas doutro xeito. Investigando pola rede, levei unha sorpresa cando vin que en Italia adoitan facelas doces, como unhas chulas fritidas, un pouco como as follas de limoeiro, mais comendo a flor tamén, por suposto. Gustoume moito a idea de mesturar o sabor das flores de cabaciña co doce e a verdade é que o resultado é espectacular.

Se coñecedes un pouco as flores da cabaciña, ben saberedes que son finiñas e delicadas, mais xa vos adianto que despois de fritidas, resultan moi carnosas. Foi algo que nos sorprendeu a todas, pois non esperabamos que a flor tivera tanto corpo e tanta presenza, sendo tan fina, e máis despois de fritida. O sabor doce quédalle moi ben e é un contraste que ata se agradece. De seguro que acabades por esparexer máis azucre. E o mellor de todo é que os ingredientes son do máis sinxelo que hai, e o paso a paso, mais! Imos aló!

Ingredientes

  • Flores de cabaciña (non as pesei nin as contei, mais serían unhas 10)
  • 180 gramos de fariña triga
  • 250 ml de auga
  • 1/2 culleradiña de azucre
  • 1 belisco de sal
  • aceite de xirasol para fritir
  • azucre para botar por riba

Preparación

  1. Comezamos preparando as flores de cabaciña. Para iso, facemos un corte pola parte inferior e sacámoslle o pistilo.
  2. Cortámolas ao medio e lavámolas. Tamén se poden facer enteiras.
  3. Preparamos o amoado mesturando tódolos ingredientes e deixamos que repouse media hora na neveira.
  4. Despois iremos mollando as flores no amoado con moito coidado para que non rompan.
  5. E fritímolas en abundante aceite de xirasol ben quente ata que collan unha lixeira cor dourada.
  6. Poñémolas sobre papel absorbente e esparexemos azucre por riba e listo!

O mellor é comelas acabadas de facer, pois así quentiñas e co azucre por riba están moi boas. Agora ben, ao día seguinte pódense comer perfectamente, pois é unha masa que non colle aceite de máis. Sede xenerosas co azucre e xa vos digo que vos ha custar comer só unha. Eu corteinas á metade, mais pódense facer enteiras. Á hora de collelas, hai que ir con tino de non romper a cabaciña se xa saíu e queremos que siga medrando. Hai quen as colle coa cabaciña ben pequeniña pegada e as frite así. Sexa como for, esta combinación de cabaciña e azucre conquistoume de todo! E agardo que a vós tamén vos guste moito. Bo proveito!!!

__________________________

Sweet zucchini flowers

One of things I like the most about being at home is that I can spend some afternoons at my parents garden and I can pick up fruit and veggies and get cooking inspiration directly from the product that I will be later using. It is something that makes me feel connected to what I will be cooking, and that results in better recipes.

So as soon as I saw zucchini flowers, I knew that I had to do something with them. The thing is I did not want to repeat, and the only 2 recipes I have already done with this ingredient were cheese and mushrooms fillings that I must confess are SUPER delicious, but I wanted something different special and original, for a change. So when I found out that in Italy they are cooked and eaten with sugar, as if they were a sweet ingredient, I just could not think about any other way to prepare them. What surprised us the most was that despite being so delicate and thin, they are incredibly fleshy and soft when cooked. I loved the contrast and I bet you’re not able to eat just one. So yummy!

Ingredients

  • Zucchini/courgette flowers (around 10)
  • 180 gr plain flour
  • 250 ml water
  • 1/2 teaspoon sugar
  • 1 pinch of salt
  • Sunflower oil for frying
  • sugar to top

Directions

  1. Let’s start by preparing the flowers. Cut the bottom part of the flower so you can get the pistil out.
  2. Cut in half or leave it as a whole and wash them carefully.
  3. Mix the rest of the ingredients and allow to settle for 30 minutes in the fridge.
  4. Dip each flower in the batter, being very careful not to break them.
  5. Fry them in plenty of hot sunflower until slightly golden.
  6. Place on some kitchen towel and top with sugar. And that’s it!

It’s better to taste them hot because they’re super yummy so hot and crispy and smooth, especially with sugar on top, but you can eat them the next day as well, they’re delicious! Be generous with sugar and you won’t stop having them. When picking them, as they are delicate, we have to be really careful so we do not break the zucchini and it keeps on growing. There are people who just takes the lite tiny zucchini as well and fries everything. Whatever the way, try them and you won’t regret it! ENJOY!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.