Chulas coreanas de cabaciña / Korean zucchini fritters

Chulas coreanas de cabaciña

Ata eu mesma me sorprendo da facilidade que teño para ir facendo receitas de cabaciña sen caer eu mesma no aburrimento e facendo que cada día me guste máis preparalas. Que ingrediente máis versátil! Desta vez a cousa non vai de lambetadas, como fixemos co brownie, desta imos cunha receita salgada á que lle poderemos sacar moito partido. É unha receita moi doada e o resultado é diferente e moi, moi, moi sabedeiro! A cantidade depende un pouco do grandes ou pequenas que fagades as chulas coreanas. Ademais, podedes facer a metade da masa ou dobre segundo vos conveña dividindo os ingredientes. Iso si, son contundentes, e se as facedes pequeniñas, saen abondo. Eu fíxenas tipo panquecas de almorzo, que así tamén remataba antes de fritir. Imos aló!

Ingredientes para unhas 15

  • 480 ml de auga con gas fría
  • 280 gramos de fariña triga
  • 4 culleradas de fariña de arroz
  • 4 culleradas de fariña milla
  • 2 culleradiñas de sal
  • Pementa ao gusto
  • 1 cabaciña e 1/2 relada
  • 1/2 cebola en tiras
  • 2 culleradas de aceite vexetal para fritir
  • Prebe: 4 culleradas de tamari ou soia, 1/2 culleradiña de aceite de sésamo, 4 culleradas de vinagre de arroz e 2 culleradas de azucre. Unhas poucas sementes de sésamo. (Este prebe tamén vai perfecto para mollar gyozas)

Preparación

  1. Comezamos relando a cabaciña, botámoslle sal e deixamos que repouse uns 15 minutos. Cortamos a cebola en tiras. [Eu corteinas a coitelo en bastonciños, mais penso que quedan mellor reladas e remátase antes]
  2. Preparamos a masa mesturando a auga con gas, as fariñas o sal e a pementa.
  3. Escorremos a cabaciña e mesturámola coa masa e maila cebola, integrando todo ben.
  4. Botamos o aceite na tixola, e cando estea quente, imos botando culleradas de masa facendo como unhas panquecas. Dámoslle a volta e deixamos que se fagan ata que fiquen douradas polos dous lados.
  5. Preparamos o prebe mesturando tódolos ingredientes e listo!

Para degustar estas chulas coreanas de cabaciña só nos queda mollalas no prebe e desfrutar do sabor especial que lle dá a mestura de fariñas e a auga con gas.

Se non sodes moito de prebes, ou non vos gusta moito este, non vos preocupedes, non é preciso facelo, pois as chulas están moi boas así sen moito máis. Eu como teño que ir dándolle saída ás cabaciñas da horta, fíxenas de cabaciña, mais esta masa de chulas salgada válenos para calquera ingrediente. Este tipo de chulas coñécese na culinaria coreana como Jeon, e admiten moitas combinacións como cogomelos, carne ou verduras.

______________________________

Korean zucchini fritters 

I sometimes even surprise myself because it looks like I never get tired of preparing different zucchini recipes, and it is something I especially enjoy doing. It is such a versatile ingredient! This time I won’t be using it in a sweet recipe, as I did with brownies, but with a savoury Korean recipe. It is, in fact, very simple and the amount of it will depend on how big or small you prepare them. If you feel like doing more, or less, you can change the ingredients and it will be totally fine. I did them the same size I do my Sunday morning pancakes. Let’s go!

Ingredients for around 15

  • 480 ml sparkling water
  • 280 gr plain flour
  • 4 tablespoons rice flour
  • 4 tablespoons corn flour
  • 2 tsp salt
  • Pepper
  • 1 1/2 grated zucchini
  • 1/2 chopped onion
  • 2 tbsp vegetable oil to fry
  • Sauce: 4 tbsp soy/tamari sauce, 1/2 tsp sesame oil, 4 tbsp rice vinegar and 2 tbsp sugar. Some sesame seeds. (This sauce is also perfect for gyozas)

Directions

    1. Grate zucchini, salt and allow to settle for 15 minutes. Cut onion.
    2. Prepare the batter by mixing flours, salt, pepper and sparkling water.
    3. Drain zucchini and mix with batter and onion.
    4. Heal oil in a pan and fry fritters on both sides until golden.
    5. Mix all sauce ingredients and that’s it!

To have these Korean fritters, you do not need any sauce because they are super delicious, so if you don’t feel like preparing it, you can skip it. But, I must say it is highly recommended!!!

As I have to prepare these zucchini recipes because zucchini plants are on fire right now, I used them, but if you do not find them or don’t like them, you can of course use other veggies, or even meat or mushrooms. Delicious!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.