Brownie vegano de cabaciña / Zucchini brownie

Brownie vegano de cabaciña

Tanto tempo a agardar por unha nova receita para que sexa outra receita con cabaciña? Siiiiiii!!! E aínda estarás orgullosa? Estou. Sempre estou feliz de facer receitas coas cousiñas da horta, que lle vou facer. E desta vez aínda o estou máis, pois esta receita de brownie vegano de cabaciña non é para menos. Primeiro, un brownie, que sempre é unha boa lambetada, non me digades que non. Segundo, vegano, que non teño moitas receitas e sei que hai moitas seguidoras que gostarían de que houbera máis. Terceira, con cabaciña! Que aínda que non vos vexa, xa sei que andades coa produción a tope, porque nós tamén. E por último, porque de verdade que poucas receitas de lambetadas ides facer tan sinxelas coma esta. E case sen ter que fregar louza, que se pode facer todo nun mesmo bol.

E agora que xa vos contei tódalas virtudes deste brownie vegano, xa vos podo falar dos defectos. Que neste caso o único defecto foi que me quedaron algo gordechos de máis, aínda que xa vos digo que pouco problema é porque está BOÍSIMO. Despois da receita cóntovos como degustalo 😉

Ingredientes

  • 450 gramos de cabaciña relada (1 cabaciña e media, no meu caso)
  • 300 gramos de azucre
  • 250 gramos de fariña triga
  • 65 gramos de cacao puro sen azucre
  • 1 culleradiña de bicarbonato
  • 1 culleradiña de sal
  • 120 ml de aceite de xirasol
  • 1 cullerada de esencia de vainilla
  • 50 gramos de pingas de chocolate negro

Preparación

  1. Comezamos relando a cabaciña (é importante NON escorrela) e poñendo o forno a quentar a 180ºC. Forramos un molde de 30×20 con papel de enfornar.
  2. Mesturamos os ingredientes secos, agás as pingas de chocolate.
  3. Engadimos a cabaciña relada, o aceite e maila cullerada de vainilla. Ao principio, veremos como nos custa remexer a mestura, pois a cabaciña aínda non soltou a auga. Deixamos repousar ou seguimos remexendo durante uns 5-7 minutos ata que vexamos que a cabaciña solta máis auga e a masa xa non fica seca. Engadimos as pingas de chocolate e mesturamos.
  4. Botamos a mestura no molde e enfornamos durante uns 35-40 minutos. E listo!

A ver, sendo honesta, teño que dicirvos que este brownie vegano non ten a típica textura de brownie, mais si que é moi similar, e cun intenso sabor a chocolate que de verdade que é un puro pracer. Eu boteille unhas pingas de chocolate que tiña pola despensa doutra receita e por iso só botei os 50 gramos. Podedes, por suposto, botarlle máis, ou engadir froitos secos (noces, abelás, pistachos…) ou ben froitos vermellos ou marmelada. Iso xa a gustos! Por certo! A cabaciña non se lle nota para nada no sabor, mais iso si, fai que o brownie teña unha textura moito máis suave, cremosa e húmida.

Ah! E o que vos dicía! A min case me gustou máis algo quentiño que frío, polo que se lle dades un toque de microondas antes de comelo e o acompañades cunha bóla de xeado… mmmmm… pracer dos deuses!!! Para conservalo, o mellor é tapalo, para que non se reseque, especialmente se está o tempo quente. BO PROVEITO!!!

___________________________________________________________________

Vegan zucchini brownie

So much time waiting for a new recipe and, no surprise, another recipe with zucchini! Yes!!! Those of you who have homegrown zucchinis I’m sure fully understand me, and know we need plenty of recipes to take all the profit from those beautiful zucchinis growing in our garden. And I must confess I’m super happy when I cook homegrown products! But the thing is, this recipe is a must! First, it is a BROWNIE, and this is always a good thing. Second, it is VEGAN, which is something I especially like because I admit I do not have many vegan recipes and quite a good number of my followers want vegan recipes. Third, well, because we use zucchini, and we do not want to let them overripe. And last, but not least, because it is a so simple recipe you need only one bowl to prepare it!

Ingredients

  • 450 gr grated zucchini (1 zucchini and a half, approx.)
  • 300 gr sugar
  • 250 gr plain flour
  • 65 gr cocoa powder
  • 1 tsp baking soda
  • 1 tsp salt
  • 120 ml sunflower oil
  • 1 tbsp vanilla essence
  • 50 gr chocolate chips

Directions

  1. Grate zucchinis. Do NOT drain. Preheat oven at 180ºC and prepare a 30×20 mould with parchment paper.
  2. Mix dry ingredients, except choc chips.
  3. Add in zucchini, oil and vanilla and mix. At the beginning, it will be a dry batter, but allow it to rest for 5-7 minutes so zucchinis let all water out and the batter will be perfect. Add in choc chips and stir.
  4. Pour the batter over the mould and bake for 35-40 minutes. And that’s it!

Being honest, I have to tell you not to expect the typical brownie texture, because it will obviously not be the same, but it is quite similar and the chocolate flavour is super intense. I used some chocolate chips I had at home from another recipe but you can of course use more than 50 grams or use nuts, jam, berries… it will be perfect with everything! BTW! Although it takes a good amout of zucchini, you won’t notice it at all, but it will make your brownie a super chewy, soft and fluffy one.

Oh! And I loved it more while warm, so my advice is you heat it up a bit in the microwave and if you can have it with some ice-cream, pure pleasure! To have it for longer at its best, keep it covered with some plastic wrap so it does not dry, especially during these hot days. ENJOY!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.